Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.438

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de aclaración de sentencia (948/2002).

Eu, María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 948/2002 por instancia de Iain Michael Tozer contra as empresas WSI Coruña, S.L. e WSI Coruña Dos, S.L. sobre despedimento nos que recaeu auto de aclaración de sentencia con data do 15-4-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que hai lugar á aclaración solicitada e en consecuencia modifíquese o dictame da sentencia o cal quedará do teor literal seguinte: que estimando a demanda promovida por Iain Michael Tozer contra as empresas WSI Coruña, S.L. e WSI Coruña Dos, S.L. debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á actora na data 16-11-2002, e, así mesmo, extinguida a relación laboral ó día de hoxe, condenando as demandadas a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, aboen ó actor a cantidade de 17.009,98 euros no concepto de indemnización.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún, sen prexuízo do recurso de suplicación contra a sentencia final, que se poderá anunciar dentro dos 5 días seguintes ó da notificación deste auto, perante este xulgado, do que coñecerá, se é caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tal e como establecen os artigos 188 e seguintes da Ley de procedemento laboral.

Así o acordo e asino, S.Sª».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación ás empresas WSI Coruña, S.L. e WSI Coruña Dos, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 15 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado