Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.436

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE PONTEVEDRA

EDICTO (371/2000).

En virtude do acordado en resolución do día da data, recaída no procedemento de cognición, seguido ante este xulgado por instancia de Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, contra Gilberto Durán Salgado, en reclamación de 4.339,97 euros, polo presente edicto, emprázase o que abaixo se indica co fin de que, no improrrogable prazo de nove días, compareza en legal forma no procedemento, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e dar por contestada a demanda.

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Gilberto Durán Salgado, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación e emprazamento en Pontevedra o dezanove de marzo de dous mil tres.

O secretario

Rubricado