Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.436

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (176/2002).

Luis Fernández Arias González, secretario do Xulgado de Instrucción número un de Padrón, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 176/2002 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Condenar a Vicente Lema Lago e Secundino Gendra Picallo, como autores cada un deles dunha falta de maltrato de obra do artigo 617.2º do Código penal, á pena de vinte días de multa con cota diaria de cinco euros (en total 100 euros cada un), así como ó pagamento das custas procesuais. De non satisfaceren voluntariamente ou pola vía de constrinximento a multa imposta quedarán suxeitos a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

Condenar a Rogelio Vigo Castro e a Manuel Crespo Maside como autores cada un deles dunha falta de lesións do artigo 617.1º do Código penal, á pena de corenta e cinco días de multa, fixando a cota diaria para o Sr. Vigo en seis euros (total 270 euros) e para o Sr. Crespo en nove euros (total 405 euros), así como ó pagamento das custas procesuais. Se non satisfixesen voluntariamente ou pola vía de constrinximento a multa imposta quedarán suxeitos a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

En concepto de responsabilidade civil Rogelio Vigo Castro e Manuel Crespo Maside indemnizarán conxunta e solidariamente a:

-Secundino Gendra Picallo, 300 euros.

-Vicente Lema Lago, 105 euros.

-Sergas, 215,40 euros.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña que se interporá ante este xulgado dentro do prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia o pronuncio, mando e asino».

Contra esta sentencia, que non é firme, poderase interpor neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación para a súa resolución pola Audiencia Provincial.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Vicente Lema Lago actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido esta presente en Padrón o dez de abril de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE PONTEVEDRA