Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.218

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (121/2003).

En Santiago de Compostela o tres de abril de dous mil tres.

Nos autos de referencia dictouse a seguinte resolución co teor literal seguinte:

«Auto.

O maxistrado-xuíz Pedro Fernández Mora.

En Santiago de Compostela o un de abril de dous mil tres.

Feitos.

Único.-A procuradora María Jesús Fernández-Rial López, en nome e representación de WSI Pontevedra, S.L., formulou escrito ó que se xuntaba a documentación que estimou oportuna e que por repartición lle correspondeu a este xulgado, mediante o cal promovía xuízo universal de quebra voluntaria da dita entidade, expoñendo cantos antecedentes e fundamentos se dan aquí por reproducidos, e terminando coa súplica de que se dictase auto declarando o estado de quebra da súa representada, ratificándose na documentación presentada ó legal representante da mencionada entidade, e asistido do letrado Julio Lois Boedo.

Razoamentos xurídicos.

Único.-Tendo en conta canto prevén o artigo 874 e seguintes do Código de comercio, e 1.323 e seguintes da Lei de axuizamento civil, e da documentación achegada, despréndese que a entidade WSI Pon

tevedra, S.L. sobreseu de xeito xeral as súas obrigas de pagamento, sendo, pois, procedente declarala en estado legal de quebra.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación, o maxistrado-xuíz, Pedro Fernández Mora, por ante min o secretario Francisco Castiñeiras Fernández.

DISPÓN:

1. Declárase en estado legal de quebra a entidade WSI Pontevedra, S.L., tendo por vencidas tódalas débedas pendentes desde esta data, declarándoa inhabilitada para a administración dos seus bens.

2. Noméase comisario da quebra a Francisco de Paula Trias Rovira, e depositaria a María de la Ó Teijeiro Villanueva, ós que se lles fará saber para os fins de aceptación e xuramento do cargo.

3. Lévese a efecto a ocupación de tódolos bens e pertenzas da entidade quebrada, e dos libros, papeis e documentos do seu xiro, para o cal líbrese exhorto ó xulgado de Pontevedra, posto que os bens se encontran despositados no Concello de Pontevedra, rúa Andrés Mellado nº 15.

4. Tómese anotación no Rexistro Mercantil e, se é o caso, no da Propiedade, a incapacidade da entidade quebrada, para administrar e dispoñer dos seus bens, librándose para tal fin os correspondentes mandamentos.

5. Con calidade de por agora e sen prexuízo, retrotráense os efectos da declaración de quebra ó día 1 de xaneiro de 2003.

6. Fágaselle saber ó comisario que deberá presentar ó xulgado, no prazo do terceiro día, contado a partir da data en que se conclúa a ocupación de bens e documentos, relación detallada e concreta do estado de acredores dela, polo que resulte do balance, libros de comercio, papeis, correspondencia e demais elementos documentais e doutra índole que lle ocupen e cantos cheguen ó seu coñecemento por calquera outro medio.

7. Fágaselle saber ó dito comisario que no prazo de quince días deberá emiti-lo informe ó que se refire o artigo 1.382 da Lei de axuizamento civil, co fin de encabeza-la peza de cualificación da quebra.

8. Publíquese esta declaración de quebra por medio de edictos que se fixarán no taboleiro de anuncios deste xulgado e que se publicarán no Boletín Oficial del Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, mencionándose neles que ninguén faga pagamento nin lle entregue bens á quebrada, debéndollelo verificar ó depositario nomeado, e no seu día ós síndicos que se designen, baixo apercibimento de non os ter por liberados das súas obrigas e advertíndose tamén a cantas persoas teñan bens da pertenza da quebrada que fagan manifestacións deles por nota que lle entreguen ó comisario, xa que de así non o facer serán tidos por ocultadores de bens e cómplices da quebra.

9. Decrétase a retención da correspondencia postal e telegráfica da quebrada cos límites que marca o artigo 1.058 do Código de comercio vixente, librándose para iso os correspondentes despachos.

10. Decrétase, así mesmo, a acumulación a este xuízo universal de tódalas execucións que houber pendentes contra a quebrada, para este fin expediranse os correspondentes oficios a tódolos xulgados de igual clase desta localidade.

11. Unha vez que se presente a lista de acredores, dase conta co fin de convoca-la primeira xunta xeral, e unha vez que sexa firme este auto e coñecidas as execucións pendentes, acordarase o demais procedente.

12. Notifíqueselle este auto ó Ministerio Fiscal e póñase en coñecemento do presidente do Tribunal Superior de Xustiza e do Fondo de Garantía Salarial.

13. Decrétase o arresto do administrador único, Alfredo Quintáns Ponte, que poderá evitar mediante a prestación dunha fianza de 6.000 euros, que deberá prestar no prazo de cinco días, a partir da notificación dela, á representación procesual en autos da quebrada.

Así, por este auto, dispóñoo, mándoo e asínoo. Dou fe.

O maxistrado-xxuíz, rubricado. O secretario, rubricado».

E para que se proceda a inseri-lo acordado, expido este edicto. Dou fe.

O secretario xudicial

Rubricado