Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.217

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE PONTEVEDRA

EDICTO (369/2001).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Pontevedra, nos autos seguidos neste xulgado co número 369/2001, sobre xuízo verbal, por instancia de Benito González González, contra outros e Eladio Pérez Corral, por medio deste edicto faise saber que se dictou sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva son como seguen:

Sentencia número 14/2003.

Procedemento.

Xuízo verbal nº 369/2001. En Pontevedra o trinta de xaneiro de dous mil tres. María Aurelia Montenegro Arce, maxistrada-xuíza, substituta do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Pontevedra e o seu partido, vistos os presentes autos de xuízo verbal nº 369/2001, seguidos perante este xulgado, entre as partes, dunha como demandantes Benito González González, con procurador Pedro Sanjuán Fernández, e letrado Jesús Ángel del Río

Varela, e doutra como demandados Eladio Pérez Corral e a entidade Mercurio, con procuradora Sra. Giménez, e letrado, José Parapar García.

Decido que desestimando a demanda interposta polo procurador Pedro Sanjuán Fernández, en nome e representación de Benigno González González, contra Eladio Pérez Corral, declarado en rebeldía procesual, e contra a Compañía de Seguros Mercurio, debo absolver e absolvo ós demandados de tódolos pedimentos contra eles deducidos nela, con expresa imposición das custas procesuais á demandante. Esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Pontevedra, dentro dos cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Eladio Pérez Corral, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 29 de marzo de 2003.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA