Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.217

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (190/2003).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de María Begoña Tenreiro Candal, contra Juan Carlos López Fernández, sendo parte o Ministerio Fiscal, sobre demanda de divorcio número 1908/2003, dictouse o seguinte edicto:

Cédula de emprazamento.

En virtude da resolución dictada con esta data por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado xuíz de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, coñecendo en autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 190/2003, por instancia de María Begoña Tenreiro Candal, representada pola procuradora Valencia Vallina, contra Juan Carlos López Fernández, sendo parte o Ministerio Fiscal, pola presente e con entrega das oportunas copias da demanda e documentos que se acompañan, confírese traslado dela e emprázase o demandado Juan Carlos López Fernández para que, no improrrogable prazo de vinte días, compareza en autos, por medio de avogado e procurador e conteste a demanda, propoñendo, se é o caso, reconvención baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de non facerlle máis notificacións que as sinaladas na lei.

E para que conste e sirva de emprazamento á parte demandada Juan Carlos López Fernández, estendo o presente edicto na Coruña, 8 de abril de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE PONTEVEDRA