Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.217

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (470/2002-CH).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado co número 470/2002-CH por instancia de Gema Fernández Sesar sobre separación contenciosa acordouse o emprazamento de Pablo Suñer Gutiérrez mediante a publicación da seguinte cédula de emprazamento:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, dimanante dos autos de separación contenciosa número 470/2002-CH, seguidos por instancia de Gema Fernández Sesar, representada pola procuradora Mª Fara Aguiar Boudín, por medio do presente edicto emprázase a Pablo Suñer Gutiérrez co fin de que no prazo de vinte (20) días compareza en autos, representado polo procurador e defendido polo letrado e conteste á demandada, prevíndoo de que, en caso de non verificalo, daráselles por contestada a demanda e seguirá o curso dos autos na súa rebeldía, notificándolle-las demais resolucións que recaian nos estrados deste xulgado.

E para a súa inserción no BOP expido o presente edicto que asino na Coruña o 28 de febreiro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado