Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.216

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE COORDINACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que terán que xulga-los concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo adxunto, e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro); artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado, do 11 de julio), e artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado, do 27).

Esta secretaría xeral resolveu a celebración dos sorteos correspondentes ás prazas indicadas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deberán ser elixidos por este procedemento para o día 11 de xuño de 2003, ás dez horas, realizándose aqueles polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Estes sorteos celebraranse no Consello de Coordinación Universitaria (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data desta resolución, faranse públicas as relacións dos

profesores que participarán nos sorteos no Consello de Coordinación Universitaria.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 6 de xuño de 2003, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, seguirase o previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 28 de marzo de 2003.

José. T. Raga

Secretario xeral do Consello de Coordinación

Universitaria

Vicesecretaría xeral do Consello de Coordinación Universitaria

Universidad da Coruña.

Concursos convocados por Resolución do 13 de novembro e BOE do 17 de novembro de 2001.

Concurso nº: 01/085.

Nº sorteo: 51.416.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: fisioloxía vexetal.

Presidente titular: Juan Barcelo Coll.

Vocal secretario titular: Alfonso Ros Barcelo.

Concurso nº: 01/125.

Nº sorteo: 51.417.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: fisioloxía.

Presidente titular: Carlos Acuña Castroviejo.

Vocal secretaria titular: Ana María Obeso Cáceres.

Concurso nº: 01/146.

Nº sorteo: 51.418.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: fisioloxía.

Presidente titular: Antonio Canedo Lamas.

Vocal secretaria titular: Ana María Obeso Cáceres.

Concurso nº: 01/151.

Nº sorteo: 51.419.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecimiento: xeodinámica externa.

Presidente titular: Juan Ramón Vidal Romani.

Vocal secretario titular: Luis Palli Buxo.

Concurso nº: 01/178.

Nº sorteo: 51.420.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: otorrinolaringoloxía.

Presidente titular: Pedro Quesada Marin.

Vocal secretario titular: Juan Antonio Pernas Puente-Penas.

Concurso nº: 01/180.

Nº sorteo: 51.421.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: anatomía e embrioloxía humana.

Presidente titular: Francisco Javier Jorge Barreiro.

Vocal secretaria titular: Amparo Reyes Carmona Bono.

Concurso nº: 01/187.

Nº sorteo: 51.422.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: anatomía e embrioloxía humana.

Presidente titular: Francisco Javier Jorge Barreiro.

Vocal secretaria titular: Amparo Reyes Carmona Bono.