Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(845/2002). Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 845/2002 seguidos por instancia de Germán Pablo Sar Noce contra a empresa Io Factory Web, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia, en data do 3 de abril de 2003 que, copiada, nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Germán Pablo Sar Noce, contra a empresa Io Factory Web, S.L. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 170,46 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso alguno.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Io Factory Web, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 8 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado