Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.219

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(845/2002). 6.219

EDICTO (909/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 909/2002 seguidos por instancia de Déborah Farto Rey contra a empresa Rediscarta Galicia, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data do 7 de abril de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Déborah Farto Rey, contra a empresa Rediscarta Galicia, S.L. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 3.764,5 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrir deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60.0909-2002 de Banesto desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Rediscarta Galicia, S.L., expido e asino este edicto na Coruña, 9 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA