Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.144

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CAMBADOS

EDICTO (172/1999).

En Cambados, o dezaoito de xuño de dous mil dous.

Cédula de notificación.

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Cambados fai saber que nos autos que a continuación se dirán, consta dictada a sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Cambados, vintesete de febreiro de dous mil dous.

Vistos por Manuel Pérez-Batallón Ordóñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta vila, os autos civís nº 172/1999, xuízo verbal civil, no que foron partes, como demandante, José Manuel Gestal Liñares, representado polo procurador Miguel Ángel Botana Castro, e defendido polo letrado Basteiro Guerra, e como demandados, María Jesús Hermida Carro e José Antonio González Hermida, representados ambos pola procuradora Raquel Santos García, e baixo a dirección técnica da letrada Sra. Loureiro García e, finalmente, Begoña Conde Costas, declarada en situación procesual de rebeldía e notificada por edictos, así como a compañía aseguradora Axa Aurora Ibérica, S.A. de seguros y reaseguros, en substitución

da inicialmente demandada, UAP Ibérica de Seguros, S.A. (por ter absorbido aquela a esta), representada polo procurador Jesús Martínez Melón e baixo a dirección técnica do letrado Rafael Martínez Míguez. O litixio versa sobre reclamación de cantidade, e a contía da reclamación é de 10.599.087 pesetas ou o seu equivalente de 63.701,80 euros.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada neste xuízo verbal civil 172/1999 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a María Jesús Hermida Carro e a compañía Axa Aurora Ibérica, S.A., de seguros y reaseguros (antes UAP Ibérica) a lle aboar á parte demandante conxunta e solidariamente a cantidade de 2.052.478 pesetas no seu equivalente en euros de doce mil trescentos trinta e cinco euros con sesenta e catro céntimos de euro (12.335,64 euros), co xuro legal do artigo 20 da Lei 50/1980, do contrato de seguro, que actualmente é do vinte por cento anual desde o día do sinistro (23 de xullo de 1996) e ata o completo pagamento. A débeda é solidaria pasivamente. Non se fai imposición destas custas procesuais a ningunha das partes.

E debo absolver e absolvo a José Antonio Hermida Carro e Begoña Conde Costas, sen imposición de custas procesuais respecto das accións contra eles exercitadas.

María Jesús Hermida Carro deberalle satisfacer ó demandante o xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos desde a data desta sentencia ata o completo pagamento ó demandante, se a aseguradora non aboase o xuro legal do artigo 20 da Lei 50/1980, do contrato de seguro.

A compañía Axa Aurora Ibérica, S.A. deberá aboar tamén o xuro legal do artigo 20 da Lei 50/1980, do contrato de seguro, que neste momento é o vinte por cento anual das cantidades de capital pendente de pagamento en cada momento desde o día de sinistro (23 de xullo de 1996) ata o completo pagamento.

As cantidades pagadas aplicaranse en primeiro lugar ós xuros, salvo pacto en contrario, e considérase líquida a cantidade debida para o seu pagamento sen necesidade de proceder a pedir nin achegar liquidacións de xuros polas partes en execución desta sentencia para poder pasar á vía de constrinximento.

Esta resolución non é firme, e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos efectos, que se preparará mediante escrito presentado ante este xulgado e para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de cinco días contados desde

o seguinte ó da súa notificación, conforme as regras establecidas na Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Notifíqueselles esta resolución ás partes coas indicacións contidas no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentencia, da que se deixará un testemuño nos autos orixinais, para a súa notificación e cumprimento, e arquivarase o orixinal no mazo da secretaría deste xulgado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Begoña Conde Costas, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

O secretario

Rubricado