Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.145

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (969/2002).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 969/2002, seguidos por instancia de Carmen Velo Velo, contra a empresa Establecimientos Ecsa e outros sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 25 de marzo de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda formulada por Carmen Velo Velo, debo declarar e declaro o dereito de demandante a percibi-la cantidade de 9.991,79 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo esta resolución e nese sentido debo condenar e condeno á empresa Establecimientos Ecsa, S.L. a que estando e pasando por tal declaración aboe á demandante a cantidade de 9.991,79 euros en conceto de salarios e liquidación.

E debo absolver e absolvo a intervención xudicial da empresa Establecimientos Ecsa, S.L. e absolvo a José Antonio López Álvarez, a José Antonio Naveira Vázquez e ó Banco Pastor das pretensións da demanda.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo

o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode subtituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a José Antonio Naveira Vázquez que tivo o seu último enderezo coñecido en Paseo de Ronda, 22, 1º, 15001 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e con fin da sú publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 25 de marzo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado