Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.144

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (529/2002).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado con número 529/2002, se acordou, por Resolución do 4 de abril de 2003, a citación de Ramón Bello Rey mediante a publicación da seguinte cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar nº 529/2002, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Ramón Bello Rey, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 22 de maio ás 11 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoo de que, de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, catro de abril de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CAMBADOS