Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.143

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (579/2001).

Eu, Lorenzo Villapando Lucas, accidentalmente secretario xudicial da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, dou fe de que no recurso de apelación civil nº 579/2001, se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia:

Audiencia Provincial da Coruña. Sección Terceira, Juan Ángel Rodríguez Cárdama, presidente, Rafael Jesús Fernández-Porto García, Mª del Carmen Mosquera Rodríguez. Na Coruña o vintenove de xuño de dous mil dous. Vistos pola sección terceira desta audiencia provincial, constituída polos señores que na marxe se expresan, os presentes autos de xuízo de menor contía número 55/1998, que ante el penden en grao de apelación, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión, no que é parte apelante Caolines de Vimianzo, S.A. (Cavisa), Atlantic Copper, S.A.,, representada polo procurador Pardo de Vera e baixo a dirección do letrado García de Castro Andrews; e doutra, como apelada a Comunidade Veciñal de

Montes en Man Común de Ogas (Vimianzo), representada polo procurador Lousa Gayoso e baixo a dirección do letrado Gómez de la Torre; apelados non comparecidos en 2ª instancia, avidos á demanda, rebeldes, Daniel Luciano Manuel Vázquez Paz, Rosina Nieves Paz Marcote, Luis Pereiro Fuentes, Carmen Novo Miñones, José García Castiñeiras, Clotilde Castiñeira Oreiro, Manuela Arbeira García, Jesús Pérez Riveiro, Manuel Suares Soto, Áurea Mercedes Rodríguez Cambeiro, Preciosa Sendón Sánchez, Mercedes Martínez Sendón, Pilar Insua Barbeiro, Jesús Barro Insua, Dolores Barbeira García, e tódolos que pretendan algún dereito persoal ou real sobre o predio inscrito no Rexistro da Propiedade, versando sobre os autos sobre acción reivindicatoria.

Decidimos que estimando, en parte, os recursos de apelación interpostos contra a sentencia dictada polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión, no xuízo de menor contía a que se refire a presente peza, revógase parcialmente a dita resolución e iso nos seguintes extremos: a) en que se absolve as demendadas Atlantic Copper, S.A. e Cavisa, da obriga de lle facer entrega á actora dos denominados enclaves-permutantes e de cancela-los asentos rexistrais que contradigan a propiedade daquela; b) no que pola madeira cortada nos ditos enclaves-permutantes, Atlantic Copper, S.A. e Cavisa, deberá indemniza-la actora na cantidade de tres millóns catrocentas cincuenta mil pesetas (20.734,92 euros), que devengarán o xuro regulado no artigo 921 da LAC. Texto de 1881 desde a data da sentencia de primeira instancia; c) no que absolve as ditas entidades codemandadas das pretensións comprendidas nos puntos c) e e) da demanda e o d) en que Atlantic Copper, S.A. deberá entregar

á comunidade actora a cantidade de duascentas mil pesetas (1.202,02 euros), como contribución a gastos xudiciais, que devengará o xuro legal correspondente desde a interposición da demanda. No demais, confírmase a devandita resolución.

Ó ser parcial a estimación da demanda e, ademais, pola avinza dalgúns codemandados, non se fai especial pronunciamento sobre a custas ocasionadas por estes e entidades codemandadas, correndo por conta dos restantes codemandados non avidos ás que lles puidesen corresponder polas pretensións que lles afectan, comprendidas no punto a) da demanda. Tampouco se fai especial pronunciamento sobre as desta alzada.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lles sirva de notificación ós rebeldes, non comparecidos na segunda instancia e a tódolos que pretendan algún dereito persoal ou real sobre o predio inscrito no Rexitro da Propiedade, expido e asino este edicto na Coruña o vinteseis de marzo de dous mil tres.

O secretario accidental

Rubricado