Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.143

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 29 de abril de 2003, o tribunal designado polas ordes do 21 de marzo e 15 de abril de 2003 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, convocado pola Orde do 20 de decembro de 2002 (DOG nº 250, do 27 de decembro e corrección de erros DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 2003) acordou, de conformidade coa base II.2 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 27 de maio de 2003 no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, sito en San Lázaro, Santiago de Compostela, en chamamento único.

O chamamento dos opositores comezará ás 16.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fideligno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.

Jesús Mediavilla Cañibano

Presidente do tribunal