Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.142

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros agrónomos, pola que se ordena a publicación da relación de aspirantes que superaron o devandito proceso selectivo.

Unha vez concluída a fase de oposición e elevada a definitiva a puntuación da fase de concurso, en sesión realizada o 6 de maio de 2003, o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros agrónomos, convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co establecido na base IV

da convocatoria, publica-la proposta de aspirantes que superaron por orde de puntuación as citadas probas nas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Así mesmo, tal e como dispón a mencionada base IV, acordouse eleva-la citada proposta á Dirección Xeral da Función Pública.

A puntuación dos aspirantes establécese de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal e como dispón a base II.2.5 da convocatoria e é a que figura no anexo que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.

José Antonio Martínez Carro

Presidente do tribunal