Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.141

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros agrónomos, pola que se fai pública a puntuación definitiva da fase de concurso.

En sesión do 6 de maio de 2003, o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros agrónomos, convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co establecido na base II.1.4 da convocatoria, publica-la puntuación definitiva na fase de concurso dos aspirantes que supe

raron a fase de oposición, que figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os aspirantes que o consideren oportuno formular recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e

Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.

José Antonio Martínez Carro

Presidente do tribunal