Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.141

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de biólogos, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 5 de maio de 2003, o tribunal designado pola Orde do 31 de marzo de 2003 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de biólogos, convocado pola Orde do 20 de decembro de 2002 (DOG nº 250, do 27 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.4.2 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 31 de maio de 2003 na aula nº 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 11 horas e os opositores deberán estar alí presentes ás 10.50 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2003.

Alejandro Guerra Díaz

Presidente do tribunal