Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.130

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de Casino del Atlántico, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo de Casino del Atlántico, S.A. (código convenio 1502642), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-2-2003, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo comité de empresa o día 30-1-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de marzo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo

Casino del Atlántico, S.A.

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación na empresa Casino del Atlántico, S.A. con domicilio social en Xardíns Méndez Núñez s/n.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

Canto polo presente convenio se estipula, afecta a tódalas actividades que existen na actualidade ou a aquelas que puideran existir nun futuro na empresa Casino del Atlántico, S.A., e que constitúen o seu obxecto social.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Este convenio ampara e aplícase a tódolos traballadores, calquera que sexa a súa categoría e modalidade de contrato, que presten os seus servicios na empresa Casino del Atlántico, S.A., sen

máis excepción que o persoal de dirección: director xerente, director casino e subdirector do casino e o persoal pertencente a empresas concesionarias de servicios, que teñan asinado contrato civil con Casino do Atlántico.

Artigo 4º.-Vixencia.

A duración deste convenio será a seguinte: do 1 de xaneiro do ano 2002 ó 31 de decembro do ano 2004.

Para os anos 2002, 2003 e 2004 establécese a seguinte revisión salarial:

-Incremento do IPC previsto a comezo do ano con revisión do pagamento do IPC ó final do ano, co pagamento dos atrasos correspondentes.

Artigo 5º.-Prórroga ou denuncia.

O convenio colectivo quedará prorrogado tacitamente ó seu vencemento por períodos sucesivos dunha anualidade, a non ser que o denuncie para a súa revisión cun mínimo dun mes antes do seu vencemento, ou dalgunha das súas prórrogas, calquera das partes.

Esta denuncia notificaráselle por escrito á outra parte, estando obrigada a parte denunciante a enviar copia da denuncia á Consellería de Traballo para efectos de rexistro.

Artigo 6º.-Compensación, absorción e garantías.

As condicións pactadas neste e en futuros convenios forman un todo orgánico, indivisible e para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente, sen ningún tipo de distinción por tratarse dun grupo profesional determinado.

As melloras establecidas por este convenio serán absorbibles ou compensadas coas melloras que de calquera clase, forma ou denominación teñan establecidas ou concedidas a empresa con carácter voluntario en calquera momento.

Tendo en conta a natureza do convenio, as disposicións legais futuras que impliquen variación económica en todos ou algún dos conceptos retributivos, unicamente terán eficacia práctica se globalmente consideradas superan o nivel destes. En caso contrario, consideraranse absorbidos polas melloras pactadas neste convenio.

En calquera caso, respectaranse as situacións persoais que con carácter global excedan do convenio, manténdose estrictamente ad personam. Para estas situacións aplicaranse os incrementos nos seus salarios que se pacten neste ou posteriores convenios colectivos coa mesma porcentaxe que para o resto do persoal.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

A comisión será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do pactado neste convenio. As súas funcións serán:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidas por ambas partes, de común acordo en asuntos derivados deste convenio.

3. Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que por norma xeral poidan corresponder ós organismos competentes.

4. Vixilancia do cumprimento do pactado.

5. Seguimento dos préstamos ó persoal.

Os acordos ou resolucións adoptados por maioría de cada unha das partes da comisión paritaria terán carácter vinculante.

A comisión compoñerase de seis vocais, tres por cada parte, de entre os que se elixirá un secretario, o cal levantará acta dos acordos e resolucións que adopte a comisión, que deberán ser asinados polos señores que interveñan.

Poderán nomearse asesores por cada representación, aínda que estes terán dereito a voz, pero non a voto.

A comisión en primeira convocatoria non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais e, en segunda, ó día seguinte hábil, actuará cos que asistan, tendo voto unicamente en número paritario os vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A comisión paritaria reunirase por instancia de calquera das partes, poñéndose de acordo estas sobre o día e a hora de reunión, convindo ambas partes en dar coñecemento á comisión paritaria de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos puideran producirse, como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico indivisible, manifestando formalmente ambas partes, que as súas respectivas vinculacións ó convido teñen o carácter de compromiso para a totalidade das cláusulas pactadas.

No suposto que a autoridade laboral ou administrativa competente declare nulo algún dos seus artigos, quedan este e os artigos concordantes sen eficacia práctica, debendo as partes volver a reunirse para darlle novo contido.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 9º.-Organización do traballo.

A organización do traballo é competencia e responsabilidade da dirección, á que corresponden tódalas facultades recoñecidas no ordenamento xurídico vixente.

Artigo 10º.-Xornada de traballo manual.

Durante a vixencia do presente convenio, as horas de traballo efectivo serán mil oitocentas vinteseis (1.826 h).

Artigo 11º.-Horarios.

1. Distinguirase entre os horarios de traballo dos empregados e os horarios de peche e apertura do casino, sendo estes últimos os que en cada momento determine a dirección da empresa, dentro dos autorizados pola unidade competente.

2. Os horarios dos empregados estarán suxeitos á duración da xornada pactada neste convenio, 1.826 horas anuais de traballo efectivo, cunha distribución de 40 horas semanais de media.

Artigo 12º.-Descanso semanal.

1. Todo traballador que realice a xornada de 40 horas de traballo efectivo, desfrutará de dous días de descanso ininterrompido; non obstante, poderá pactarse entre a empresa e os traballadores calquera sistema de xornada e descansos que permita a lexislación vixente, de acordo coa reducción da xornada semanal ou compensación de descansos, ben sexan estes en cómputo mensual, trimestral ou anual.

Para estes efectos consideraranse aprobados os sistemas de traballo actualmente en vigor.

2. Os empregados poderán cambiar sempre as quendas de descanso e de horario, logo da aprobación pola dirección da empresa, solicitándoo cun mínimo de tres días de antelación e baixo as seguintes condicións:

a) Os cambios efectuaranse sempre dentro da mesma categoría profesional.

b) Será obrigatorio o descanso dun dos días libres.

c) Só se poderán cambiar catro días no mes, salvo a excepción recollida no punto seguinte.

d) Dada a peculiaridade dos sistemas de descanso e vacacións, debido á actividade da empresa, e co fin de favorece-las relacións sociais e familiares dos empregados, poderanse cambia-los días de traballo existentes entre unha quenda de descanso e a seguinte dous días ó ano logo da aprobación da dirección.

e) Todos estes cambios se efectuarán por escrito nos impresos dispostos para tal fin e serán aprobados pola dirección da empresa.

f) Calquera excepción a estas normas deberá ser estudiada e aprobada pola dirección da empresa.

Artigo 13º.-Vacacións.

Dadas as especiais características que concorren na actividade desenvolta polo casino, as vacacións dos traballadores afectados estructurarase da seguinte forma:

Terán dereito a trinta días naturais de vacacións.

O persoal que polo seu traballo teña que traballar festivos terá dereito ó desfrute de catorce días naturais en compensación dos festivos traballados. Este período desfrutarase do seguinte xeito: trece días desfrutaranse ininterrompidamente (salvo pacto contrario). O día que queda desfrutarao todo o persoal o día 24 de decembro, salvo o persoal de máquinas de azar que traballe en xornada de mañá este día,

podendo engadilo o período de trece días, (que se aplicarán a partir do ano 2002). Aquelas persoas ás que pola súa quenda de vacacións ou de libranza lles corresponda co día 24 de decembro, seralle compensado este por outro día libre. Esta compensaicón realizarase engadíndolle tal día ó período de festivos.

Para o desfrute das vacacións deste persoal terase en conta o seguinte:

1. Os trinta días naturais de vacacións desfrutaranse ininterrompidamente (salvo pacto contrario).

2. Os empregados poderán cambia-la quenda de vacacións, logo da aprobación pola dirección da empresa e sempre que non cause prexuízo no funcionamento dos horarios.

Para a observancia do disposto neste punto, a dirección da empresa e o comité de empresa elaborará un calendario de vacacións e festivos, de mutuo acordo, que deberá estar confeccionado antes do 1 de novembro do ano anterior no que deban desfrutarse as vacacións. A empresa poderá excluír do período de vacacións aquel que coincida co de maior actividade no casino.

Artigo 14º.-Licencias retribuídas.

Todo traballador afectado por este convenio terá dereito a permisos retribuídos polos días naturais e motivos que se establecen a continuación, sempre que estes últimos se xustifiquen:

Matrimonio do traballador: 15 días.

Nacemento dun fillo: 4 días.

Por bautizo, comuñón ou voda dun fillo/a ou irmán/a: 1 día.

Defunción, enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave de parentes ata o segundo grao: 3 días. Cando, por este motivo, o traballador necesite facer algún desprazamento, o permiso será de catro días.

Polo tempo indispensable para concorrencia a exames, (enténdese por exame o tempo imprescindible para a realización do exercicio).

Un día por traslado de domicilio habitual.

Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber de carácter público e persoal.

Artigo 15º.-Licencias non retribuídas e excedencia.

Todo traballador do casino ten dereito a desfrutar dunha licencia non retribuída dun mes, sempre que se solicite con antelación mínima de dez días, excepto casos de urxencia, sen prexuízo da súa xustificación, salvo que as baixas por enfermidade ou accidente sexan superior ó 5% do persoal da sala de xogos ou que cause prexuízo grave á empresa, para a apertura das mesas necesarias para o xogo, a non ser que a dirección da empresa estime non considerar este aspecto.

En calquera caso, non se concederá licencia a máis dunha persoa ó mesmo tempo.

O traballador con polo menos un ano de antigüidade na empresa ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria, por un prazo non menor a un ano e non maior a cinco anos. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Excedencia especial por embarazo: prevese a posibilidade para aquelas persoas que así o soliciten unha excedencia especial non retribuída de ata tres meses durante a maternidade. A dita licencia só se poderá solicitar se o seu desfrute se realiza con antelación ó parto, engadindo este período ó establecido no artigo 35º. O seu obxectivo é a posibilidade para aquelas persoas que o desexen desfrutar de maior período de descanso na fase previa ó parto.

Tódolos traballadores do casino teñen dereito a dous días ó longo do ano para asuntos de carácter persoal. Estes días deben ser solicitados cunha antelación mínima de 30 días, salvo por motivos de carácter imprevisto para os cales se solicitará xustificación. Non poderán concorrer nunca máis de dúas persoas con licencia por este motivo e a dirección do casino reserva para si, en todo caso, a concesión do permiso por causas operativas. Estes días consideraranse como licencias non retribuídas.

Artigo 16º.-Ingreso.

O ingreso do persoal efectuarase a través de contrato escrito en calquera das modalidades previstas no Estatuto dos traballadores e demais normas específicas promulgadas para o efecto. O contrato de traballo deberá estar visado pola oficina de emprego.

Os aspirantes someteranse ás probas ou exames que acorde a dirección do casino, que poderán ser de carácter práctico, cultural, técnico ou psico-profesional, segundo a categoría coa que se contrate o empregado ou o posto de traballo que vaia desempeñar.

A dirección do casino informará ó comité de empresa das contratacións que se produzan, exceptuando as do persoal directivo, e igualmente facilitará ó contratado copia do seu contrato de traballo.

Artigo 17º.-Período de proba.

Para o persoal de novo ingreso na empresa, establécese como período mínimo de proba doce meses.

Durante o período de proba calquera das partes poderá desistir en calquera momento desta, sen máis requisito que a comunicación á outra.

A situación de incapacidade laboral transitoria que afecte ó traballador durante o período de proba interrompe o cómputo deste.

Artigo 18º.-Aviso previo de cesamento.

O traballador que desexe rescindi-lo seu contrato coa empresa deberá notificalo á dirección cun mínimo de quince días de antelación. O incumprimento por parte do traballador desta obriga dará lugar a que a empresa desconte da liquidación o importe da retribución correspondente a cada día de atraso no aviso.

Igualmente, se a empresa incumprira a obriga de aviso previo de quince días de antelación, o traballador terá dereito a percibir na súa liquidación unha compensación económica equivalente á retribución correspondente a cada día de atraso.

Artigo 19º.-Promocións e ascensos.

As vacantes que se produzan no cadro de persoal da empresa cubriranse sempre que sexa posible con traballadores de categorías inferiores.

A promoción dentro dunha categoría e, en todo caso, o ascenso a unha categoría superior terá lugar como resultado das valoracións realizadas pola dirección, atendendo a factores que reflictan cuantitativamente os aspectos técnicos, sentido da responsabilidade, trato co cliente e comportamento en xeral, asistencia ó traballo, puntualidade, nivel de formación, etc.

A valoración será comentada en entrevista privada co interesado, co fin de que poida coñece-lo criterio seguido e a valoración alcanzada.

Artigo 20º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional dentro de cada grupo profesional será total, co fin de lle dar oportunidade a todo o persoal para a práctica de funcións superiores e permiti-las substitucións nos casos de necesidade, dotando desta forma á estructura da empresa dunha constante flexibilidade para satisface-la debida atención e servicio ó público, e a promoción integral do persoal propio, todo iso sen prexuízo dos dereitos económicos e profesionais dos traballadores.

Artigo 21º.-Traballos de categoría superior.

O traballador que realice funcións de categoría superior ás que corresponden á categoría que tivera recoñecida someterase ó disposto no Estatuto dos traballadores para o efecto.

Artigo 22º.-Traballos de categoría inferior.

Se por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva a empresa precisara destinar un traballador a tarefas correspondentes a categoría inferior á súa, só poderá facelo polo tempo imprescindible, manténdolle a retribución e demais dereitos derivados da súa categoría profesional.

Artigo 23º.-Catalogo de postos.

Grupo I: persoal xogo.

Posto de traballo: xefe de sector.

Son as persoas responsables da organización do persoal de xogo, da apertura da sala, do cumprimento das normas de apertura, funcionamento e peche de mesas.

Categoría: xefe de sector A.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de coñecer en profundidade tódolos xogos existentes no Casino del Atlántico.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia na categoría de xefe de sector B de polo menos 3 anos.

Categoría: xefe de sector B.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de coñecer en profundidade tódolos xogos existentes no Casino del Atlántico.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia no posto de crupier de polo menos 3 anos, en calquera das súas categorías.

Posto de traballo: crupier.

Son as persoas responsables da administración do xogo na mesa. Poderán ocupar calquera dos postos de traballo na mesa de xogo. Supervisa-lo xogo como xefe de mesa; administra-las xogadas e os pagamentos como crupier: ou ordena-las fichas de xogo por prezos e cores, como chipeador.

Categoría: crupier A.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuí-los coñecementos suficientes, que lles permitan traballar en calquera dos xogos existentes no Casino del Atlántico.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares e dunha categoría inferior (crupier B), de polo menos 2 anos.

Categoría: crupier B.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuí-los coñecementos suficientes, que lles permitan traballar en polo menos tres xogos incluíndo entre estes a ruleta americana.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares e de categoría profesional dun nivel inferior (aspirante a crupier A), de polo menos 2 anos.

Categoría: aspirante a crupier A.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuí-los coñecementos suficientes, que lles permitan traballar en polo menos dous xogos incluíndo entre estes ruleta americana.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares

e dunha categoría inferior (aspirante a crupier A), de polo menos 1 ano.

Categoría: aspirante a crupier B.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuí-los coñecementos suficientes, que lles permitan dominar, polo menos dous xogos incluíndo entre estes a ruleta americana.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional non han de contar con experiencia. Persoal en formación.

Posto de traballo: xefe de caixa.

É a persoa responsable do control da caixa principal do casino. Da operativa desta e do traballo do equipo de caixeiros. Tamén poderá realizar funcións de caixeiro nunha quenda especial.

Categoría: xefe de caixa.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de dominar totalmente o sistema de caixa existente nos casinos do Grupo Comar.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou dunha categoría inferior (caixeiro A), de polo menos 3 anos.

Posto de traballo: caixeiro.

Son as persoas responsables da administración da caixa de xogo e a de máquinas de azar. Poderán ocupar calquera dos postos de traballo na caixa.

Categoría: caixeiro A.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuír coñecementos que lles permitan dominar perfectamente todo o proceso de caixa definido pola dirección de casinos.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou dunha categoría inferior (caixeiro B), de polo menos 2 anos.

Categoría: caixeiro B.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuír coñecementos que lles permitan dominar perfectamente todo o proceso de caixa definido pola dirección de casinos.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou dunha categoría inferior (aspirante a caixeiro), de polo menos 1 ano.

Categoría: aspirante a caixeiro.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuír coñecementos que lles permitan dominar perfectamente todo o proceso de caixa definido pola dirección de casinos.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional non han de contar con experiencia. Persoal en formación.

Grupo II: persoal recepción.

Posto de traballo: recepcionista.

Son as persoas responsables de admisión e acollida dos clientes no casino.

Categoría: recepcionista A.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuír coñecementos que lles permitan dominar perfectamente a operativa diaria de recepción, resolvendo calquera incidencia que se poida presentar.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou dunha categoría inferior de polo menos 1 anos (recepcionista B).

Categoría: recepcionista B.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuí-los coñecementos que lles permitan dominar perfectamente a operativa diaria de recepción, resolvendo calquera incidencia que se poida presentar. Persoal en formación.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou dunha categoría inferior de polo menos 1 ano (aspirante a recepcionista).

Categoría: aspirante a recepcionista.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuí-los coñecementos que lles permitan dominar perfectamente a operativa diaria de recepción, resolvendo calquera incidencia que se poida presentar. Persoal en formación.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional non han de contar con experiencia. Persoal en formación.

Grupo III: persoal de sala de máquinas.

Posto de traballo: xefe de sala de máquinas.

É a persoa responsable do control da sala de máquinas do casino. da operativa desta e do traballo do equipo de operadores de sala. Tamén poderá realizar funcións de operador nunha quenda especial.

Categoría: xefe de sala de máquinas.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de dominar totalmente o procedemento de máquinas nos casinos do

Grupo Comar, tanto en España coma no estranxeiro. Así mesmo, deben ter superado positivamente o curso de xefe de sala de máquinas de casinos de Grupo Comar.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou dunha categoría inferior (operador sala A), de polo menos 3 anos.

Posto de traballo: operador de sala.

Categoría: operador de sala A.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuír coñecementos que lles permitan dominar perfectamente todo o proceso de sala de máquinas.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou dunha categoría inferior (operador de sala B), de polo menos 2 anos.

Categoría: operador de sala B.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuír coñecementos que lles permitan dominar perfectamente todo o proceso de sala de máquinas.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou dunha categoría inferior (aspirante a operador de sala ), de polo menos 1 ano.

Categoría: aspirante a operador de sala.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuír coñecementos que lles permitan dominar perfectamente todo o proceso de sala de máquinas.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional non han de contar con experiencia. Persoal en formación.

Grupo III: persoal hostalería.

Posto de traballo: xefe de hostalería.

É a persoa responsable do control da hostalería do casino. Da operativa desta e do traballo do equipo de camareiros, cociñeiros e axudantes de cociña. Tamén se responsabilizará das compras de mercadoría destinada ó servicio de bar e restaurante.

Categoría: xefe de hostalería.

Capacitación/Formación: a persoa pertencente a esta categoría profesional ha de dominar totalmente o servicio de hostalería nos casinos do Grupo Comar.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou dunha categoría inferior (camareiro A), de polo menos 3 anos.

Posto de traballo: camareiro.

Son as persoas responsables da atención en canto a necesidades de hostalería se refire (consumicións, etc...) ós clientes nas instalacións do casino. Tamén atenderán o restaurante do casino. Ocuparanse tamén da limpeza de tódolos utensilios relacionados co seu traballo, incluídas pezas das mesas de xogo, cinceiros, posavasos, etc...

Categoría: camareiro A.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuí-los coñecementos necesarios sobre as técnicas hostaleiras que lles permitan traballar perfectamente e de forma indistinta como camareiro no restaurante, e como camareiro no bar da sala de xogos.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a este grupo profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou nunha categoría profesional dun nivel inferior (camareiro B), de polo menos 2 anos.

Categoría: camareiro B.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han posuí-los coñecementos necesarios que lles permitan traballar perfectamente e de forma indistinta como camareiro no restaurante, e como camareiro no bar da sala de xogos.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a este grupo profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou de categoría inferior (aspirante camareiro A), de polo menos 2 anos.

Categoría: aspirante camareiro A.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuí-los coñecementos necesarios que lles permitan traballar de forma indistinta como camareiro no restaurante, e como camareiro no bar da sala de xogos.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a este grupo profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou de categoría inferior (aspirante camareiro B), de polo menos 2 anos.

Categoría: aspirante camareiro B.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuí-los coñecementos necesarios que lles permitan traballar de forma indistinta como camareiro no restaurante, e como camareiro no bar da sala de xogos.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a este grupo profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares de polo menos 1 ano. Persoal en formación.

Posto de traballo: cociñeiro.

Son as persoas responsables da execución de tódolos pratos e servicios do restaurante do casino.

Categoría: cociñeiro A.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuí-los coñecementos necesarios que lles permitan desenvolver unha cociña de calidade no restaurante do Casino del Atlántico.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou de grupo profesional dun nivel inferior de polo menos 3 anos (cociñeiro B).

Categoría: cociñeiro B.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuí-los coñecementos necesarios que lles permitan desenvolver unha cociña de calidade no restaurante do Casino del Atlántico.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou dun nivel inferior de polo menos 3 anos (axudante de cociña).

Categoría: aspirante a cociñeiro.

Capacitación/Formación: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de posuí-los coñecementos necesarios que lles permitan desenvolver unha cociña de calidade no restaurante do Casino del Atlántico.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional non han de contar con experiencia. Persoal en formación.

Grupo IV: persoal servicios varios.

Posto: xefe de seguridade.

É a persoa responsable da seguridade interior e exterior do Casino del Atlántico.

Categoría: xefe de seguridade.

Capacitación/Formación: a persoa pertencente a esta categoría profesional ha de dominar totalmente o servicio de seguridade nos casinos do Grupo Comar.

Categoría: sub-xefe de seguridade.

É a persoa responsable do control de accesos de persoal e provedores do Casino del Atlántico. Tamén se responsabilizarán da atención telefónica nas súas quendas sempre que non traballe a quenda de recepción.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou dun nivel inferior de polo menos 3 anos (control A).

Posto: control.

Son as persoas responsables do control de accesos de persoal e provedores do Casino del Atlántico. Tamén se responsabilizarán da atención telefónica nas súas quendas sempre que non traballe a quenda de recepción.

Categoría: control A.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou dun nivel inferior de polo menos 2 anos (control B).

Categoría: control B.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional non han de contar cunha experiencia nun posto de características similares ou dun nivel inferior.

Posto: limpadora.

Son as persoas responsables de executar toda a limpeza das instalacións do Casino del Atlántico.

Categoría: limpadora A.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares de polo menos 2 anos (limpeza B).

Categoría: limpadora B.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional non han de contar con experiencia. Persoal en formación.

Posto: aparcacoches.

Son as persoas responsables de estacionar e vixia-los vehículos dos clientes no aparcamento designado pola empresa para tal efecto.

Categoría: aparcacoches A.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares de polo menos 2 anos (aparcacoches B).

Categoría: aparcacoches B.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional non han de contar con experiencia. Persoal en formación.

Posto: administrador.

É a persoa responsable da administración no Casino del Atlántico.

Categoría: administrador.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares de polo menos 2 anos.

Posto: relacións públicas.

É a persoa responsable da comunicación e relacións publicas no Casino del Atlántico.

Categoría: relacións públicas.

Experiencia profesional: as persoas pertencentes a esta categoría profesional han de contar cunha experiencia nun posto de características similares de polo menos 2 anos.

Capítulo III

Réxime disciplinario

Artigo 24º.-Clases de faltas.

As faltas cometidas polos traballadores da empresa clasificaranse, atendendo á súa importancia, reincidencia e intención, en leves, graves e moi graves, de conformidade co que se dispón nos artigos seguintes.

Artigo 25º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

Ata tres días de puntualidade durante un mes, sen que exista causa xustificada e ata un máximo de 40 minutos de atraso total nun mes.

A non comunicación con antelación debida da súa falta ó posto de traballo, por causa xustificada, a non ser que se probe a imposibilidade de efectualo.

Falta de aseo e limpeza persoal, sempre que se produzan queixas por parte dos seus compañeiros, a dirección e, ou o público.

Artigo 26º.-Faltas graves.

Terán a consideración de faltas graves as seguintes:

Máis de tres e menos de sete faltas de puntualidade no transcurso dun mes e sen causa xustificada.

As discusións na sala que repercutan na marcha do servicio.

Faltar ó traballo un día ó mes sen que exista causa xustificada, salvo que avise antes e non ocasione prexuízo grave á empresa.

A simulación de enfermidade ou accidente.

Cambiar, mirar e revolver armarios e roupas dos seus compañeiros, sen a debida autorización.

O abandono do traballo sen causa xustificada. Se ocasiona prexuízo grave á empresa cualificarase de moi grave.

A neglixencia no traballo.

Non atende-lo público coa corrección e dilixencia debidas.

A reincidencia en máis de tres faltas leves, dentro dun trimestre, cando estas foran sancionadas.

Artigo 27º.-Faltas moi graves.

Máis de sete faltas de puntualidade nun mes, sen que exista causa xustificada.

A embriaguez e consumo de drogas, aínda que sexa ocasional, durante o servicio.

Faltar tres días ó traballo durante un mes, sen que exista causa xustificada.

A manifesta neglixencia no traballo cando cause prexuízo grave á empresa.

A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza nas xestións encomendadas polos seus superiores.

O furto e o roubo, tanto ó público como ós demais traballadores, ou á empresa, dentro da sala ou fóra dela, durante o acto de servicio. Queda incluído neste punto o falsear datos, tanto durante o desenvolvemento das partidas como ó finalizar estas, se tales falsidades teñen como finalidade maliciosa conseguir algún beneficio.

A simulación reiterada de enfermidade.

Inutilizar, estragar ou causar danos en máquinas, instalacións, aparellos, utensilios, edificios ou departamentos da empresa, sempre que se cometan maliciosamente.

O incumprimento dos regulamentos de xogos vixentes en cada momento.

Revelar a elementos estraños ó casino datos de reserva obrigada, referidos ó propio casino ou ós seus clientes.

Malos tratos de palabra ou obra e falta de respecto grave co público e de consideración cos compañeiros de traballo, superiores ou subordinados, sempre que se constaten.

A reincidencia en falta grave, dentro dun trimestre, sempre que fora obxecto de sanción.

Revelar ou comentar fóra do casino datos de clientes e perdas ou ganancias no xogo.

Establecer relacións persoais íntimas cos clientes do casino.

A indisciplina no traballo ou a desobediencia ós seus superiores.

Artigo 28º.-Sancións.

As sancións que a empresa pode aplicar, segundo a gravidade e circunstancia dos feitos cometidos, oído o comité, serán as seguintes:

Faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo dun a sete días.

Faltas graves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de sete a trinta días.

Faltas moi graves:

-Despedimento.

Nas faltas graves e moi graves, se o sancionado é membro do comité de empresa, observarase o disposto no artigo 68 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 29º.-Abuso de autoridade por superiores.

Todo traballador poderá dar conta por escrito, a través do comité de empresa, dos actos que supoñen o abuso de autoridade dos seus xefes inmediatos e, ou de calquera anomalía cometida por estes. Recibido o escrito, a dirección abrirá o oportuno expediente no prazo de cinco días, e resolverá o que proceda no prazo de dez días, contados a partir da presentación do escrito de denuncia.

En caso contrario, o comité de empresa ou o propio interesado poderán formula-las pertinentes denuncias ante a Inspección de Traballo, e, ou a Comisión Nacional do Xogo en Galicia.

Artigo 30º.-Comité de empresa.

O comité de empresa regularase polo establecido no artigo 64 do Estatuto dos traballadores.

Capítulo IV

Condicións económicas

Artigo 31º.-Retribucións.

Os salarios do persoal afectado polo presente convenio son os establecidos no anexo I deste. A empresa comprométese a presenta-la orde de ingreso bancaria con data tope do 27 de cada mes.

Artigo 32º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores que se rexan por este convenio teñen dereito a dúas gratificacións extraordinarias: xullo e Nadal.

Cada unha destas dúas pagas aboarase a razón do salario base e, se é o caso, antigüidade, consistindo o seu importe nunha mensualidade.

Respecto ó aboamento destas gratificacións a empresa comprométese a realiza-la transferencia bancaria destas os días 15 de xullo e 15 de decembro.

Artigo 33º.-Antigüidade.

Procédese á conxelación do complemento de antigüidade para todo o persoal con data de aplicación desde a sinatura do convenio.

Para aqueles empregados que nesta data cobren algunha cantidade por tal concepto consolídaselle o dito pago para tódolos efectos. Reflectirase no recibo de nómina a cantidade como antigüidade consolidada e aparecerá inalterable no futuro. Este concepto en ningún caso será obxecto nin de incremento nin mingua na súa contía.

Con motivo de compensar esta conxelación establécese unha compensación para o persoal afecto ó presente convenio, e de alta na empresa na data de sinatura deste. Esta compensación realízase segundo método explicado na cláusula especial nº 2.

Artigo 34º.-Horas extraordinarias.

As horas que se realicen en exceso polos traballadores sobre a xornada establecida no artigo 10º deste convenio serán consideradas extraordinarias.

En canto ó pagamento das horas extraordinarias, a empresa poderá optar entre aboar estas horas tendo en conta o salario establecido para a categoría (anexo 1) e sobre o salario que corresponda á hora ordinaria, ou ben compensalas por tempos equivalentes de descanso retribuído.

Artigo 35º.-Incapacidade temporal.

Nos casos de baixa por enfermidade, a empresa aboará do primeiro ó terceiro día o 70% da base de cotización, do cuarto ó oitavo día o 85% da base de cotización do traballador, do noveno en diante o 100% da base de cotización. Nos casos de baixa por accidente de traballo, hospitalización, intervención cirúrxica ou maternidade, o aboamento será do 100 % desde o primeiro día.

Artigo 36º.-Complemento de asistencia e complemento de transporte.

Establécese para tódalas categorías un complemento de asistencia na contía de 30 euros mensuais (por doce meses), para todas aquelas categorías. Así mesmo, establécese de igual xeito un complemento de transporte na contía de 57 euros mensuais (por doce meses).

Artigo 37º.-Quebranto de moeda.

Caixa central da sala de xogos: todo o persoal adscrito ó departamento de caixa percibirá mensualmente en concepto de quebranto de moeda a cantidade de 50 euros mensuais durante once meses ó ano.

Sala de máquinas de azar: todo o persoal adscrito ó departamento de caixa percibirá mensualmente en concepto de quebranto de moeda a cantidade de 50 euros mensuais durante once meses ó ano.

O pagamento de quebranto farase do seguinte modo:

Caixa central: farase de forma semestral a semestre vencido, aboándose os seis primeiros meses do ano na nómina de xuño e os seis últimos na de decembro.

Sala de máquinas de azar: farase de forma mensual facéndoo coincidir co aboamento de nómina, queda excluído o mes de novembro.

Calquera falta en calquera das seccións deberá ser resarcida de forma inmediata polo empregado responsable, e o aboamento do quebranto ten como obxecto garantir este posible risco.

Artigo 38º.-Roupa de traballo.

A empresa proverá anualmente os seus traballadores dun uniforme completo. Subministraráselles un par de zapatos. Para aquelas persoas que desexen outro modelo de superior categoría, a empresa porá á súa disposición nun comercio local tres tipos diferentes de zapatos á elección do traballador. A empresa sufraga os 40 euros iniciais do prezo de cada modelo. A limpeza de uniformes será por conta dos traballadores.

Artigo 39º.-Fondo de asistencia social.

A empresa obrígase a constituír ó seu cargo un fondo de asistencia social para atender en calquera caso e inescusablemente calquera das situacións sociais que se detallan a continuación:

a) Póliza de seguro de vida, que garante un capital de:

-Doce mil euros en caso de morte natural.

-Doce mil euros por incapacidade profesional.

-Vintecatro mil euros por morte en accidente.

b) Premio por matrimonio, tódolos empregados que contraian matrimonio e teñan unha antigüidade mínima dun ano na empresa recibirán un premio por unha soa vez de trescentos sesenta euros.

c) Tódolos empregados percibirán con ocasión de nacemento de cada fillo unha cantidade de cento cincuenta euros.

d) Os empregados con fillos subnormais ou diminuídos psíquicos ou físicos recoñecidos como beneficiarios das prestacións da Seguridade Social recibirán da empresa un subsidio mensual de cento cincuenta euros, catorce pagas ó ano.

e) Tódolos traballadores da empresa teñen dereito a unha revisión médica anual obrigatoria.

f) Préstamos ó persoal. Cada traballador cunha antigüidade mínima dun ano na empresa poderá obter desta un préstamo sen xuros ata un máximo de dous mil catrocentos euros (2.400 euros) anuais, que se reintegrarán nun ano.

Para cubrir este concepto a empresa destinará a cantidade global de doce mil euros (12.000 euros). Unha vez superada esta cantidade, a empresa non concederá estes préstamos.

Ámbalas partes acordan que estes préstamos soamente serán utilizables en caso de necesidade.

Artigo 40º.-Tronco de propinas: distribución.

Enténdese por tronco de propinas (antes citado), a suma das procedentes dos distintos xogos autorizados e practicados nas mesas, xunto coas propinas de recepción e caixa.

Propinas: o reparto farase en períodos dun mes, desde o día 26 ata o 25 do seguinte mes, ambos inclusive. Repartirase a totalidade das propinas recadadas e este reparto efectuarase do seguinte xeito:

-80% para o persoal (incluído o 0,3 % destinado ó comité de empresa).

-20% para a empresa.

O valor do punto será o resultante da fórmula establecida para o efecto.

Os puntos de propinas calcularanse tendo en conta a xornada teórica traballada e a proporcionalidade resultante.

Para efectos de percepción de propinas están incluídos, así mesmo, os traballadores que se encontren en situación de incapacidade laboral transitoria, estean desfrutando de vacacións ou de licencias retribuídas.

O aboamento da cantidade que se percibirá en concepto de propinas realizarase mensualmente, e irá reflectido en nómina á parte, como concepto salarial.

Artigo 41º.-Tronco de propinas dos grupos III, IV e VI.

As propinas recadadas de forma directa polo persoal dos grupos III, IV e V serán integradas para os traballadores dos ditos grupos.

Pola empresa:

Manuel Rego Vecino

Polos traballadores:

José M. Iglesias Iglesias.

Mª Jesús Bernedo Loureda.

Mª Soledad Marcos Piñeiro.

Álvaro Parra Souto.

Benedicto Carvajales Taboada.

Cláusula especial nº 1.

A comisión negociadora do presente convenio acorda que os seguintes traballadores decidisen causar baixa na empresa e, cumprindo o prazo de permanencia na empresa mínimo indicado para cada un deles, percibirán dúas mensualidades e cada 5 anos que exceden os 15 anos de antigüidade, unha mensualidade.

Guillermo López Seoane: 4 anos e 6 meses.

José Antonio Purriños Peña: 8 anos.

María Olga Pose Castro: 6 anos e 6 meses.

Mª Luisa López Martínez: 9 anos e 6 meses.

Cláusula especial nº 2.

Categorías recoñecidas en convenio: enténdese por categorías recoñecidas aquelas categorías que non aparecen na táboa de salarios, polo cal desaparecen no futuro, pero a determinados traballadores respéctanselles recoñecéndoas cos salarios que actualmente perciben e cos puntos de propinas que a continuación se relacionan:

PRIM. AP.SEG. APEL.NOMECATEGORIAPUNTOS

PROPINAS

IGLESIASCUÑARROISIDRO AXEF.CAIXA17,00

CASAS PALLASJOSE MANUELCAIXEIRO15,00

GUILLANCADAVIDJUAN JOSECAIXEIRO15,00

LIÑARESDOMINGUEZJUAN JOSECAIXEIRO 15,00

LOPEZLOPEZMANUELCAIXEIRO15,00

TEIJIDOBLANCOM DO MARRECEPC. A7,98

CRUZVARELAMARIAASP. RECEP.7,20

COSTACURRASM CARMENASP. RECEP. 7,20

LOPEZMARTINEZM LUISAAXT.COCIÑA3,00

POSECASTROOLGAAXT.COCIÑA3,00

SANCHEZSANCHEZJOSE MOF.1ªMANTE3,00

PRIM. AP.SEG. APEL.NOMECATEGORIAPUNTOS

PROPINAS

FARIÑAGARCIAM JESUSLIMPADORA-

LAGARESESTRAVIZM ANGELESLIMPADORA-

SUAREZSANTIAGOCANDIDALIMPADORA-

FIGUEIRASARIASJUAN CCRISTALEIRO-

Cláusula especial nº 3.

Paga especial de beneficios:

Se a empresa experimenta uns resultados positivos no exercicio procederase ó pagamento dunha paga extraordinaria de beneficios nos seguintes termos:

-Se o resultado do exercicio é superior a 450.000 A procederase ó pagamento a cada traballador do casino dun 1% sobre o seu salario anual.

-Se o resultado do exercicio é superior a 600.000 A procederase ó pagamento a cada traballador do casino dun 2% sobre o seu salario anual.

Procederase ó aboamento desta paga unha vez se coñezan os resultados do exercicio anterior cunha marxe de dous meses para a súa confección.

* En ningún caso se acumularán as porcentaxes.

** Enténdese por resultado do exercicio o obtido unha vez descontados gastos de explotación, resultados financeiros, resultados extraordinarios e finalmente imposto de sociedades.

*** Fíxase para o ano 2002 unha paga de beneficios do 2% sobre o salario resultante de 2002.

Cláusula especial nº 4.

Complemento especial nómina supresión categoría xefe de mesa.

Como consecuencia da supresión da categoría de xefe de mesa, aquelas persoas que ata a data viñan percibindo remuneración económica por pagamento de horas de superior categoría percibirán un complemento en nómina nos seguintes termos:

Complemento sup. xefe mesa:

Se a persoa pertence á categoría de aspirante a crupier A aboaríaselle a cantidade de 55 A mensuais.

Se a persoa pertence á categoría de crupier B aboaríaselle a cantidade de 30 A mensuais.

Se a persoa pertence á categoría de crupier A aboaríaselle a cantidade de 30 A mensuais.

Relación de persoal perceptor deste complemento:

José M. Cambeiro Oreiro.

José M. Iglesias Iglesias.

Jorge Camba García.

Ana Isabel Anido García.

Ana García Mato.

Mª Clara Añón Marta.

Mª Elena Hernández Fernández.

Larisa Rodríguez Muñoz.

Luna Pascual Aramburu.

Mª Cruz Porto Fernández.

Mª Jesús Bernedo Loureda.

Mª Soledad Marcos Piñeiro.

Miguel Ángel Fernández Martínez.

Complemento especial propinas supresión categoría xefe de mesa.

Como consecuencia da supresión da categoría de xefe de mesa, aquelas persoas que ata a data viñan percibindo maior número de puntos en compensación da diferencia de categoría, percibirán unha compensación na distribución de puntos de propinas nos seguintes termos:

Se a persoa pertence á categoría de aspirante a crupier A compensaríaselle cun punto máis no reparto de puntos mensuais.

Se a persoa pertence á categoría de crupier B compensaríaselle cun punto máis no reparto de puntos mensuais.

Relación de persoal perceptor deste complemento:

Jorge Camba García.

Ana Isabel Anido García.

Ana García Mato.

Mª Clara Añón Marta.

Mª Elena Hernández Fernández.

Larisa Rodríguez Muñoz.

Luna Pascual Aramburu.

Mª Cruz Porto Fernández.

Mª Jesús Bernedo Loureda.

Mª Soledad Marcos Piñeiro.

Salarios ano 2002

Actualizados coa subida do 4% - IPC resultante 2002

CategoríasSalarios base 2002

Mensuais

Salarios base 2002

Anuais

Puntos propinas

Grupo I: persoal de xogo

Xefe de sector A89012.46320 puntos

Xefe de sector B77610.85718 puntos

Croupier A6689.34716 puntos

Croupier B5888.22514 puntos

Aspirante croupier A5367.49912 puntos

Aspirante croupier B4676.54511 puntos

Caixeiro A5888.22510 puntos

Caixeiro B5257.3548 puntos

Aspirante caixeiro4676.5458 puntos

Grupo II: persoal de recepción

Recepcionista A5888.2258 puntos

Recepcionista B5367.4997 puntos

Aspirante recepcionista4676.5456 puntos

Grupo III: persoal de sala de máquinas

Xefe de máquinas1.11315.5773 puntos

Operador máquinas A6238.7243 puntos

Operador máquinas B5888.2253 puntos

Aspirante máquinas4676.5453 puntos

Grupo IV: persoal de hostalería

Xefe de hostalería1.11315.5713 puntos

Camareiro A75510.5743 puntos

Camareiro B6238.7243 puntos

Aspirante a camareiro A5387.5353 puntos

Aspirante a camareiro B4676.5453 puntos

Cociñeiro A89012.4633 puntos

Cociñeiro B75510.5743 puntos

Aspirante a cociñeiro6238.7243 puntos

Pinche de cociña4676.5453 puntos

CategoríasSalarios base 2002

Mensuais

Salarios base 2002

Anuais

Puntos propinas

Grupo V: persoal de servicios varios

Xefe de seguridade89012.46315,5 puntos

Subxefe de seguridade75710.59315 puntos

Fisonomista e control A6238.7243 puntos

Fisonomista e control B4676.5453 puntos

Oficial de mantemento6238.7243 puntos

Limpadora A6238.724

Limpadora B5367.499

Cristaleiro5367.499

Aparcacoches5888.2253 puntos

Aspirante aparcacoches4676.5453 puntos

Administrador6238.7243 puntos

RR.PP.6238.724

Transporte: 57.

Asistencia: 30.

Salarios ano 2002

Actualizados coa subida do 4% - IPC resultante 2002

CategoríasSalarios base 2002

Mensuais

Salarios base 2002

Anuais

Puntos propinas

Grupo I: persoal de xogo

Xefe de sector A148.1142.073.60020 puntos

Xefe de sector B129.0361.806.49918 puntos

Croupier A111.0901.555.25716 puntos

Croupier B97.7571.368.59814 puntos

Aspirante croupier A89.1191.247.66012 puntos

Aspirante croupier B77.7801.088.91711 puntos

Caixeiro A97.7571.368.59810 puntos

Caixeiro B87.4051.223.6718 puntos

Aspirante caixeiro77.7801.088.9178 puntos

Grupo II: persoal de recepción

Recepcionista A97.7571.368.5988 puntos

Recepcionista B89.1191.247.6607 puntos

Aspirante recepcionista77.7801.088.9176 puntos

Grupo III: persoal de sala de máquinas

Xefe de máquinas185.1272.591.7803 puntos

Operador máquinas A103.6801.451.5173 puntos

Operador maquinas B97.7571.368.5983 puntos

Aspirante máquinas77.7801.088.9173 puntos

Grupo IV: persoal de hostalería

Xefe de hostalería185.1272.091.7803 puntos

Camareiro A125.6681.759.3513 puntos

Camareiro B103.6801.451.5173 puntos

Aspirante a camareiro A89.5481.253.6763 puntos

Aspirante a camareiro B77.7801.088.9173 puntos

Cociñeiro A148.1142.073.6003 puntos

Cociñeiro B125.6881.759.3513 puntos

Aspirante a cociñeiro103.6801.451.5173 puntos

Pinche de cociña77.7801.088.9173 puntos

Grupo V: persoal de servicios varios

Xefe de seguridade148.1142.073.60015,5 puntos

Subxefe de seguridade125.8941.762.51115 puntos

Fisonomista e control A103.6801.451.5173 puntos

Fisonomista e control B77.7801.088.9173 puntos

Oficial de mantemento103.6801.451.5173 puntos

Limpadora A103.6801.451.517

Lipadora B89.1191.247.660

Cristaleiro89.1191.247.657

Aparcacoches97.7571.368.5983 puntos

Aspirante aparcacoches77.7801.088.9173 puntos

Administrador103.6801.451.5173 puntos

RR.PP.103.6801.451.517

Transporte: 9.484.

Asistencia: 4.992.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA