Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.058

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 5 de maio de 2003 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción e divulgación do cooperativismo.

As diversas medidas de promoción do emprego postas en práctica pola Comunidade Autónoma complétanse con medidas específicas de fomento da cul

tura emprendedora e de apoio a actividades e iniciativas englobadas baixo o concepto de economía social.

As distintas fórmulas de autoemprego colectivo promovidas polos traballadores asociados en cooperativas ou sociedades laborais reveláronse tradicionalmente como medidas eficaces para a xeración de emprego, mobilización de recursos, corrección de desequilibrios comarcais e fixación de man de obra productiva, establecendo vínculos de interese mutuo entre a poboación e o seu propio territorio.

O fomento das fórmulas de economía social, sen que isto supoña interferir na libre competencia, é unha obriga dos poderes públicos, recollida no artigo 129.2º da Constitución española, e recomendado polo Comité Económico e Social no seo da Unión Europea.

Segundo o establecido no artigo 29.1º do Estatuto de autonomía de Galicia e de conformidade co Decreto 168/1984, do 15 de novembro, de asunción de funcións e servicios transferidos, correspóndelle á Comunidade Autónoma a xestión de calquera tipo de axuda, subvencións e préstamos que realizaba o Fondo Nacional de Protección ó Traballo e, segundo a disposición adicional terceira da orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do 29 de decembro de 1998, a xestión das axudas dos programas para a creación e o mantemento do emprego recollidas nela.

A través do Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica da Xunta de Galicia, e mailo Decreto 23/2003, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais asume o exercicio das anteditas competencias e funcións, entre outras materias, no relativo ás políticas activas de emprego e as relativas a cooperativas.

Nesta orde regúlanse, nos seus anexos A e B, respectivamente, os programas de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e de promoción de cooperativas, na súa adaptación ás actuais circunstancias e ás directrices emanadas do Consello Europeo Extraordinario de Luxemburgo establecendo o marco da actuación para o desenvolvemento da economía social, introducíndose innovacións e axustes de cáracter técnico na liña de agrupar nunha única orde os programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción, divulgación e difusión do cooperativismo, reforzando a visión integral do apoio á economía social na Comunidade Autónoma de Galicia.

A fórmula cooperativa é apta non só para emprender en común unha empresa, senón tamén xeradora de emprego non precario e polo tanto debe ser potenciada a súa utilización na nosa Comunidade Autónoma.

As distintas axudas e subvencións establecidas no anexo B desta orde intégranse dentro das accións que a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais pretende levar a cabo para conseguir un axeitado desenvolvemento en materia de economía social, no que respecta á promoción das cooperativas e das súas estructuras representativas, de xeito que redunde en beneficio e mellora do eido económico e sociolaboral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, recoñece de interese social a promoción e o desenvolvemento das sociedades cooperativas e das súas estructuras de integración económica e representativa, dispoñendo que a Xunta de Galicia, a través da consellería competente en materia de traballo, realizará unha política de fomento do movemento cooperativo e adoptará as medidas necesarias para promove-la constitución e o desenvolvemento das cooperativas.

Estas liñas de axudas están en consonancia coa recente Recomendación sobre a promoción de cooperativas, 2002, aprobada pola Conferencia Xeral da OIT, do 20 de xuño de 2002, que entre outras declaracións avoga polo establecemento dunha política e un marco xurídico favorable ás cooperativas e compatible coa súa natureza e función.

En consecuencia, introdúcense axudas para o impulso de proxectos empresariais cooperativos, incluso na fase previa á súa constitución formal, e para o financiamento dos gastos derivados da constitución de cooperativas e da modificación ou adaptación dos seus estatutos sociais.

Establécense, así mesmo axudas para o fomento e consolidación do asociacionismo e para a realización de actividades de promoción do cooperativismo e adaptación ás novas tecnoloxías. Por último, foméntase o acceso dos asalariados á condición de socios traballadores para incentiva-la plena integración na empresa cooperativa.

É de destacar, como novidade, o establecemento dun novo sistema no prazo de presentación das solicitudes: as solicitudes reguladas no anexo A non están suxeitas ó exercicio económico anual, o que simplifica e clarifica as datas de presentación e axiliza a tramitación administrativa.

Neste marco de actuación, as bases reguladoras destes programas axústanse ó disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, en especial, no relativo ós principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión de axudas públicas e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

As axudas recollidas nesta orde financiaranse con cargo ós créditos das aplicacións orzamentarias que, mediante disposición complementaria, se determine anualmente, logo da aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio correspondente. Para o exercicio 2003 a dita determinación recóllese nas disposición adicional oitava desta orde.

Así mesmo, os créditos consignados para as axudas do anexo A poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou polas disposicións aplicables ás axudas confinanciadas polos fondos europeos.

Por todo o exposto, oídos o Consello Galego de Cooperativas e o Consello Galego de Relacións Laborais, e de conformidade coas atribucións que teño conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Finalidade, ámbito e réxime das axudas

Artigo 1º.-Finalidade.

1. Esta orde ten por obxecto fixa-las bases reguladoras e a convocatoria das axudas e subvencións establecidas pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, coa finalidade de apoia-lo emprego en cooperativas e sociedades laborais e a promoción e divulgación do cooperativismo, a través dos seguintes programas:

-Programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (anexo A).

-Programas de promoción e divulgación do cooperativismo (anexo B).

2. As bases específicas de cada un dos programas regúlanse nos correspondentes anexos A e B desta orde e forman parte integrante dela.

Artigo 2º.-Concepto de desempregado.

Para os efectos das axudas previstas nesta orde, terán a consideración de desempregados aqueles que figuren inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego e, quepola súa vez, carezan de ocupación.

Artigo 3º.-Normativa aplicable.

As solicitudes, a súa tramitación e concesión axustaranse ó disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro e nesta orde.

Artigo 4º.-Financiamento.

O programa do anexo A financiaranse con cargo ós créditos das aplicacións orzamentarias 16.04.241A.470.0, 16.04.241A.470.2 e 16.04.241B.475.0.108 e os programas do anexo B financiaranse con cargo ó crédito da aplicación orzamentaria 16.03.214A.471.0.

Capítulo II

Normas comúns: competencia e procedemento

Artigo 5º.-Competencia.

1. A competencia para coñecer e resolve-las solicitudes de axudas e subvencións previstas no anexo A desta orde, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, corresponderalles:

a) Ós delegados provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais cando a actividade pola que se solicita subvención se vaia desenvolver no respectivo ámbito provincial.

b) Ó director xeral de Promoción do Emprego cando a actividade pola que se solicita subvención se vaia desenvolver en máis dunha provincia desta Comunidade Autónoma.

2. A competencia para coñecer e resolve-las solicitudes de axudas e subvencións previstas no anexo B desta orde corresponderalle á conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Artigo 6º.-Solicitudes, prazo e documentación.

1. As solicitudes de axudas e subvencións recollidas nos distintos programas, que deberán formalizarse por separado, para cada un deles, dirixiranse ó órgano competente para resolver, se é o caso, instruí-lo expediente, e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. As solicitudes de axudas do programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (anexo A) e nos programas de promoción e divulgación do cooperativismo (anexo B) presentaranse respectando os prazos específicos previstos nos anexos desta orde.

3. As solicitudes deberán ir acompañadas da documentación, xeral e específica que nos anexos A e B se estableza para cada programa ou tipo de axuda.

Artigo 7º.-Instrucción.

As unidades administrativas receptoras remitirán as solicitudes recibidas á delegación provincial ou á Dirección Xeral de Promoción do Emprego nos supostos do anexo A, ou á Dirección Xeral de Relacións Laborais, no caso do anexo B, para que o servicio competente comprobe se a solicitude ou documentación presentada reúne os requisitos esixidos na presente orde e, no suposto de que se observe

algún defecto ou sexa incompleta a documentación, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirase o interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixese, se considerará desistido da súa petición, logo de resolución, que deberá ser dictada nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei.

Esta fase completarase incorporando ó expediente a información rexistral da entidade solicitante segundo a documentación que consta na Dirección Xeral de Relacións Laborais.

No caso das solicitudes correspondentes ós programas do anexo B da presente orde, unha vez realizados os trámites de instrucción, pasarán para o seu exame á Comisión de Avaliación que será a encargada de formula-la proposta de resolución.

Artigo 8º.-Resolución e recursos.

1. Logo da fiscalización polas correspondentes intervencións, o órgano concedente, segundo o establecido no artigo 5º, dictará a correspondente resolución debidamente motivada, que se deberá notificar ó interesado.

2. O prazo para resolver será de tres meses, contados desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. No suposto de solicitudes de axudas correspondentes ós programas do anexo B, o antedito prazo non comezará a computarse ata que transcorra o prazo previsto no dito anexo para a presentación de solicitudes.

Transcorrido o dito prazo sen que se dictase resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude de acordo co establecido no artigo 1 e no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se dicten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdicción contencioso-administrativa, e poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que dictou a resolución impugnada, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 9º.-Incompatibilidades e concorrencia.

1. En ningún caso o importe das subvencións ou axudas concedidas ó abeiro desta orde poderá ser

de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolve-lo beneficiario.

Os peticionarios das axudas e subvencións previstas nesta orde deberán presentar, xunto coa solicitude, unha declaración comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para un mesmo proxecto ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

Así mesmo, na fase de xustificación do pagamento deben achegar unha declaración complementaria e actualizada co mesmo contido que a descrita no parágrafo anterior.

2. Non se poderán imputa-los mesmos gastos ós distintos tipos de axuda previstos nesta orde.

Artigo 10º.-Obrigas dos beneficiarios.

Son obrigas dos beneficiarios das axudas e subvencións:

a) Acreditaren, previamente ó cobramento, que se encontran ó día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

b) Comunicaranlle ó organo concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios e, de se-lo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

c) O sometemento ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea.

Artigo 11º.-Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación.

Artigo 12º.-Revogación e reintegro.

Procederá a revogación das subvencións e axudas, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia do xuro de demora, nos

casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

A obriga de reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto-lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 13º.-Seguimento e control.

As delegacións provinciais, a Dirección Xeral de Promoción do Emprego e a Dirección Xeral de Relacións Laborais poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos os beneficiarios deberán cumpri-las obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

Disposicións adicionais

Primeira.-Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

Para realiza-las ditas funcións poderanse utilizar cantos medios estean ó dispor da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para comproba-lo cumprimento dos requisitos esixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

Segunda.-A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións esixidas nos diferentes programas desta orde.

Terceira.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais nos delegados/as provinciais, no ámbito das súas respectivas provincias, e no director xeral de Promoción do Emprego para resolve-la concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas no anexo A desta orde, así como para autoriza-los gastos e propoñe-los correspondentes pagamentos.

Cuarta.-Coa finalidade de fomenta-la cultura emprendedora, o autoemprego e as diversas fórmulas da economía social, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais poderá realizar, con medios propios ou alleos, actividades de formación, investigación, divulgación e difusión.

Quinta.-A comprobación da condición de minusválido realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, agás que fose recoñecida por outra Administración distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexta.-Os incentivos previstos nas liñas de axuda do programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (anexo A) poderán verse incrementados nas contías que se establezan na normativa do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais que regule este programa.

Sétima.-As solicitudes de axudas realizadas ó abeiro do programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais presentadas nos exercicios anteriores que non puidesen ser atendidas por falta de dispoñibilidades orzamentarias, e sempre que reunisen os requisitos e observasen os prazos e condicións establecidos na súa normativa reguladora e/ou, se é o caso, realizasen o investimento obxecto da axuda, poderán ser atendidas con cargo ós créditos orzamentarios destinados para o dito fin para o ano 2003.

Oitava.

1. A concesión das axudas e subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario.

2. No exercicio 2003 as axudas recollidas no anexo A desta orde, entre outras, financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 16.04.241A.470.2 cun crédito de 13.978.892 euros, 16.04.241A.470.0 cun crédito de 751.265 euros e 16.04.241B.475.0 108 cun crédito 2.190.933 euros. Estas contías están recollidas na Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2003, e constitúen o importe global das aplicacións para o financiamento desta orde, da orde que regula os incentivos á contratación dirixidos a favorece-la conciliación da vida laboral e familiar, da orde reguladora dos incentivos ás iniciativas de emprego cualificadas como iniciativas locais de emprego ou como iniciativas de emprego rural; da orde que establece o réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e das demais ordes que establezan as bases das medidas de promoción do emprego, incentivos á contratación por

conta allea e actuacións de apoio a emprendedores, autoemprego e economía social, incluídas nos programas orzamentarios 241A e 241B.

3. A concesión das axudas previstas no anexo B realizarase no ano 2003 con cargo á aplicación 16.03.214A.471.0, cun crédito inicial de 540.911 euros, para o conxunto dos programas I, II, III, IV e V.

Novena.-As solicitudes concedidas ó abeiro da Orde do 15 de marzo de 2002 pola que se desenvolven accións, dirixidas á promoción e divulgación do cooperativismo e a economía social que, tendo dereito á subvención solicitada e que non puideron ser efectivas por causas alleas ó solicitante, poderán ser tidas en conta na presente convocatoria, salvo indicación contraria do interesado dirixida á Direc

ción Xeral de Relacións Laborais. A tramitación dos expedientes continuará desde o trámite en que se encontraban ó termo do exercicio anterior.

Se, unha vez adxudicadas as axudas e subvencións correspondentes ó anexo B, resultase remanente de crédito, esta consellería reserva para si a facultade de incrementa-la contía das axudas previstas neste anexo, efectuar convocatorias complementarias ou reabri-lo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición transitoria

As solicitudes de axudas e subvencións correspondentes ó programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (anexo A) polas actuacions subvencionables realizadas entre o 1 de outubro do ano 2002 e a data de publicación desta orde, aínda que transcorrese o prazo para a incorporación, a contratación ou se tivese iniciado a execucion do proxecto de investimento, poderan acollerse ás axudas previstas no anexo A desta orde. O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 15 de xullo do ano 2003.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Promoción do Emprego e a directora xeral de Relacións Laborais para dictaren, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO A

Programa de fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais

Obxecto e beneficiarios

Primeira.-Obxecto.

O obxecto deste programa é promover accións e outorgar axudas e subvencións que contribúan á creación ou mantemento de postos de traballo en cooperativas e sociedades laborais, xa en funcionamento ou de nova creación, que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

Segunda.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas deste programa as cooperativas e sociedades laborais que teñan o seu domicilio ou centros de traballo na Comunidade Autónoma galega e estean debidamente inscritas no correspondente rexistro, e/ou os seus socios traballadores ou de traballo.

Tipos de axuda

Terceira.-Tipos de axuda.

Neste programa de fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais inclúense os seguintes tipos de axudas e subvencións:

-Axuda para a adquisición da condición de socio traballador (base cuarta).

-Axuda pola incorporación de socios traballadores ou de traballo (base quinta).

-Axudas para a contratación de directores ou xerentes. (base sexta).

-Subvención financeira (base sétima).

-Axuda excepcional (base oitava).

Cuarta.-Axuda para a adquisición da condición de socio traballador.

1. Poderán concederse subvencións de ata 3.600 euros en concepto de axudas para a adquisición da condición de socio traballador dunha cooperativa de traballo asociado ou sociedade laboral a aqueles que, no momento de adquiriren a dita condición, estean desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego; non percibisen este tipo de axuda nos catro anos inmediatamente anteriores á data da incorporación na cooperativa ou sociedade laboral e nos que concorra algunha das seguintes circunstancias:

A. Mozos menores de 25 anos ou titulados universitarios de 25 a 29 anos que non tivesen antes un primeiro emprego fixo remunerado.

B. Mozos menores de 30 anos que estean incorporados e teñan a condición de beneficiarios do Programa Labora: Xuventude con Experiencia segundo o establecido no Decreto 184/2002, do 18 de abril, polo que se establece no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o dito programa (DOG nº 83, do 30 de abril), modificado polo Decreto 26/2003, do 16 de xaneiro (DOG nº 15, do 23 de xaneiro).

C. Desempregados maiores de 45 anos.

D. Desempregados que realizasen, no ano da presentación da solicitude ou nos dous anos naturais anteriores, cursos de formación profesional ocupacional do Plan FIP directamente relacionados co posto de traballo ó que se incorporan.

E. Desempregados que participasen, no ano de presentación da solicitude ou nos dous anos anteriores, como alumnos en escolas obradoiro, casas de oficio ou en obradoiros de emprego directamente relacionadas no seu contido co posto de traballo ó que se incorporan; ou ben, que traballasen no ano da presentación da solicitude ou no ano natural anterior en obras ou servicios de interese xeral realizados en virtude doutros programas de fomento do emprego.

F. Desempregados cun tempo en desemprego igual ou superior a 12 meses.

G. Traballadores ós que se lle recoñecese o aboamento da prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único.

H. Desempregados minusválidos cun grao de minusvalidez non inferior ó 33%.

I. Desempregados en situación de exclusión social pertencentes a algún dos seguintes colectivos:

-Perceptores da renda de integración social de Galicia ou membros da súa unidade familiar en desemprego.

-Persoas que participen ou participaron en procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes debidamente acreditados ou autorizados.

-Penados ou ex-reclusos que non tivesen antes un primeiro emprego fixo remunerado tras un período de privación de liberdade.

-Mulleres procedentes de casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción laboral, así como as persoas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de víctima de violencia doméstica por parte dalgún membro da unidade familiar de convivencia.

-Mozos que estean ou estivesen ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da Administración autónomica.

-Inmigrantes ou persoas que formen parte de familias, grupos, colectivos ou minorías dos que as características poidan condiciona-las súas posibilidades de integración social.

J. Traballadores desempregados por mor dalgunha das causas previstas nos artigos 50, 51 e 52 b) e c) do Estatuto dos traballadores ou que procedan de empresas inmersas nalgún outro proceso de reestructuración ou reconversión, ou do peche da empresa de procedencia, polas causas previstas no artigo 49.1º g) do Estatuto dos traballadores, agás no caso de que na empresa á que se incorporen participe o empresario ou persoas que participasen no capital social da extinta empresa, directa ou indirectamente, ou os seus familiares ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade.

K. Mulleres desempregadas que non pertenzan a ningún dos colectivos anteriores.

2. O prazo de presentación de solicitudes de axudas para a adquisición da condición de socio traballador será de dous meses contados desde a data de alta na Seguridade Social.

Para os efectos desta axuda, o requisito de estar desempregado inscrito como demandante de empre

go no Servicio Público de Emprego deberá cumprirse na data de alta do beneficiario na Seguridade Social.

3. O importe da axuda para a adquisición da condición de socio traballador en ningún caso poderá ser superior á contía que corresponda á contribución obrigatoria á sociedade en caso de cooperativas, ou á adquisición de accións ou participacións de clase laboral do capital social, no caso de sociedades laborais.

Quinta.-Axuda pola incorporación de socios traballadores ou de traballo.

1. Poderán acollerse ás axudas previstas nesta base as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como socios traballadores ou de traballo as persoas que no momento da integración sexan desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego, pertencentes a algún dos colectivos relacionados na base cuarta deste anexo.

2. A contía desta axuda será de ata 3.000 euros por cada persoa que se incorpore como socio traballador ou de traballo nunha cooperativa ou sociedade laboral.

No caso de desempregados minusválidos, a contía da axuda será de ata 9.000 euros.

No suposto de que a xornada de traballo do socio traballador ou de traballo incorporado sexa a tempo parcial, a contía da axuda será proporcional ó tempo efectivo de duración da xornada.

3. As axudas previstas nesta base terán que solicitarse no prazo máximo de dous meses desde a data de alta na Seguridade Social.

Para os efectos desta axuda, o requisito de estar desempregado inscrito como demandante de emprego no Servicio Público de Emprego deberá cumprirse na data de alta do socio traballador na Seguridade Social.

4. A incorporación deberá supoñer un incremento tanto do emprego como do número de socios traballadores ou de traballo da entidade beneficiaria da axuda, respecto á media dos últimos doce meses anteriores á incorporación dos novos socios polos que se percibe a axuda.

Non poderá concederse esta axuda cando se trate da incorporación de socios traballadores ou de traballo que desempeñasen con anterioridade tal condición na mesma empresa.

5. As cooperativas e sociedades laborais beneficiarias destas axudas están obrigadas a manter, polo menos durante tres anos, como socio traballador ou de traballo á persoa pola que se concedese subvención. No suposto de baixa na sociedade no dito período, teñen a obriga de substituílo por outra persoa e polo período que reste ata completa-los tres anos, ou a reintegra-las cantidades percibidas, cos seus xuros de demora, estando obrigadas a comunica-la baixa ó órgano concedente no prazo de quince días contados desde aquel no que esta se producise.

Cando a axuda se concedese pola incorporación dunha persoa pertencente a un colectivo determinado, a substitución deberá ser realizada por outra persoa pertencente a algún dos colectivos que poidan ser beneficiarios destas subvencións por importe igual ou superior ó do que causase baixa. Esta substitución deberá realizarse no prazo máximo de seis meses desde a data da baixa, feito que deberá ser comunicado pola empresa beneficiaria ó órgano competente que concedese a subvención, no mes seguinte á substitución. Esta nova incorporación en ningún caso dará lugar a unha nova axuda.

Sexta.-Axudas para a contratación de directores ou xerentes.

Poderanse subvenciona-los gastos ocasionados pola contratación de directores ou xerentes que sexa necesaria para a viabilidade da empresa ou do proxecto de investimento de que se trate.

Esta contratación subvencionarase por un período máximo dun ano, debendo respecta-lo disposto para a contratación de asalariados pola lexislación vixente de cooperativas e sociedades laborais e asumindo a obriga de manter no cadro de persoal da entidade o director ou xerente, como mínimo, polo tempo subvencionado.

O seu importe poderá acadar ata o 50% do custo total da contratación e non poderá supera-la contía de 18.000 euros por cooperativa ou sociedade laboral.

Dado o seu carácter excepcional e para a súa concesión a sociedade deberá xustifica-la súa necesidade e terase en conta a capacidade da cooperativa ou sociedade laboral para facer fronte ó custo correspondente cos seus propios recursos.

A solicitude deberá presentarse con anterioridade á contratación do director ou xerente.

Sétima.-Subvención financeira.

A subvención financeira ten por finalidade facilita-lo emprego nas entidades de economía social mediante a reducción de xuros de préstamos para financiar investimentos en inmobilizado material e inmaterial, concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e solicitados a nome das cooperativas ou sociedades laborais. Non obstante, no caso de cooperativas ou sociedade laborais que leven menos dun ano de funcionamento na data da subvención, poderá destinarse ata un 25% do préstamo a financia-lo activo circulante.

Esta subvención, pagadeira dunha soa vez, será, como máximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade de crédito que conceda o préstamo, sen que, en ningún caso, o tipo de xuro que deba satisface-lo beneficiario, despois de calculada a subsidiación, poida resultar inferior a un punto. A contía calcularase como se a subvención se devengase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de carencia.

En todo caso, o importe máximo desta subvención non poderá supera-la contía de 3.000 euros por socio traballador ou de traballo integrante da cooperativa ou sociedade laboral cun posto de traballo que non fose tido en conta con anterioridade para a concesión deste mesmo tipo de axuda.

As solicitudes de subvención financiera deberán presentarse, en todo caso, con anterioridade ó inicio da execución dos proxectos de investimento e, en todo caso, antes de transcorreren seis meses desde a data de alta na Seguridade Social do primeiro socio traballador incorporado polo que se solicita subvención.

Oitava.-Axuda excepcional.

1. Poderáselles conceder axudas de carácter excepcional pola creación de postos de traballo en réxime asociativo ás cooperativas de traballo asociado e sociedades laborais de nova creación, cando estean constituídas exclusivamente por socios traballadores que, na data de alta na Seguridade Social, fosen desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego e pertenzan a algún dos colectivos relacionados na base cuarta, nunha contía de ata 3.000 euros por cada socio traballador incorporado, contía que se determinará en función dos investimentos en inmobilizado material e inmaterial.

Para os efectos do establecido no parágrafo anterior, entenderase cumprido o requisito da exclusividade cando a totalidade dos socios traballadores integrantes da entidade pertenzan ós colectivos relacionados, con independencia da dos socios doutro tipo que poidan formar parte da cooperativa de traballo asociado ou da sociedade laboral.

A solicitude de axuda deberá presentarse con anterioridade ó inicio da execución dos proxectos de investimento e, en todo caso, antes de transcorre-lo primeiro ano da actividade da cooperativa de traballo asociado ou da sociedade laboral. Entenderase que inicia a súa actividade productiva cando cause alta no imposto de actividades económicas ou, de se-lo caso, desde a data de efectos da concesión de exención do imposto en virtude do establecido no artigo 83.1º b) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, na súa redacción dada pola Lei 51/2002, do 27 de decembro.

2. Tamén poderán acceder á axuda excepcional as cooperativas de traballo asociado e sociedades laborais que incorporen como socios traballadores desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego, nunha contía de ata 3.000 euros por cada socio traballador no que concorra a dita condición, sempre que o investimento en inmobilizado material e inmaterial que serve de referencia para a determinación da contía da axuda se realice para a introducción de novas tecnoloxías da información e as comunica

cións. As solicitudes deberán presentarse con anterioridade ó inicio da execución do proxecto de investimento e, en todo caso, antes de que transcorreren seis meses desde a data de alta na Seguridade Social do primeiro socio traballador incorporado polo que se solicita subvención.

Solicitudes, documentación e xustificación

Novena.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos a este programa e deberán ir acompañadas, por duplicado exemplar, un deles orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se relaciona:

1. Documentación común para tódolos tipos de axudas.

a) Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF; se é persoa xurídica DNI e poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade, e NIF da empresa.

b) Cando se trate de entidades de nova creación nesta fase ou, se é o caso, na de xustificación do pagamento, deberá achegarse alta no IAE ou, de se-lo caso, a documentación acreditativa de exención do imposto.

c) Memoria sucinta en relación coa finalidade ou obxecto da axuda e xustificación da necesidade dela.

d) No suposto de cooperativas ou sociedades laborais de nova creación deberá presentarse unha memoria técnica e económica do proxecto empresarial ou o plan de empresa elaborado ou informado por un experto externo á entidade ou por un técnico de emprego pertencente á rede coordinada pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

A dita memoria deberá conte-los datos de identificación e descrición do proxecto, os aspectos técnicos de producción e comercialización, a previsión de postos de traballo que se van crear, un breve currículo dos promotores, así como unha descrición detallada dos aspectos económicos, técnicos e financeiros que permitan avalia-la viabilidade do proxecto.

A memoria deberá axustarse ós modelos tipo que facilite a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

e) Declaración comprensiva do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto ou actividade perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de se-lo caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo o modelo do anexo XII).

f) Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa

de que o solicitante é titular da conta (segundo o modelo do anexo XIV).

g) Se é o caso, autorización para obte-la información tributaria nos termos que se establecen na base décima, parágrafo 1, letra A, alínea d) deste anexo (segundo o modelo do anexo XIII).

2. Documentación específica para a axuda para a adquisición da condición de socio traballador.

a) Documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesourería Xeral da Seguridade Social.

b) Se é o caso, documentos acreditativos da concorrencia das circunstancias recollidas na base cuarta, número 1 deste anexo.

c) Certificación da incorporación e documentos de alta na Seguridade Social.

d) Certificación emitida pola cooperativa ou sociedade laboral do importe das contribucións obrigatorias ou do valor das accións ou participacións subscritas para adquiri-la condición de socio traballador, con indicación do prazo para o seu desembolso.

3. Documentación específica para a axuda pola incorporación de socios traballadores ou de traballo.

a) DNI, documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesourería Xeral da Seguridade Social dos socios traballadores ou de traballo polos que se solicita subvención.

b) De se-lo caso, documentos acreditativos da concorrencia das circunstancias recollidas na base quinta, en relación coa base cuarta deste anexo.

c) Certificado de alta e permanencia como socio traballador ou de traballo emitido pola cooperativa ou sociedade laboral e documentos de alta na Seguridade Social.

No certificado de incorporación deberá constar expresamente a declaración de que o traballador que se incorpora como socio non tivo con anterioridade na dita entidade tal condición (modelo do anexo III).

d) Certificación da relación nominal dos socios traballadores ou de traballo e do persoal asalariado no ano inmediatamente anterior á data da nova incorporación, con indicación das altas e baixas no dito período (modelo anexo IV).

e) Cando se trate da incorporación dun desempregado que vaia realizar unha xornada a tempo parcial unha copia do contrato de traballo no caso de sociedades laborais. De tratarse de cooperativas, certificado no que conste a duración da xornada que ten fixada a persoa que se incorpora.

4. Documentación específica para a axuda para a contratación de directores ou xerentes.

a) O currículum vitae da persoa que se vaia contratar.

b) Memoria xustificativa da necesidade da contratación do persoal cualificado e da dificultade para facer fronte ó seu pagamento cos seus propios medios e con indicación, desagregada por conceptos, do custo total da contratación.

c) No suposto de non ser unha sociedade de nova creación, balance de situación e conta de resultados dos dous últimos exercicios.

5. Documentación específica para a subvención financeira.

a) Memoria económica do proxecto que inclúa o orzamento de investimento e o plan de financiamento en relación coa finalidade ou obxecto da axuda e xustificación da necesidade dela e na que deberán constar necesariamente, entre outros, os seguintes extremos: sector de actividade económica, número de empregos creados, número de empregos mantidos, tipo de proxecto e se está relacionado coa sociedade de información así como se o proxecto necesita declaración de impacto ambiental.

b) Compromiso da entidade financeira sobre a concesión do préstamo no que figuren as súas características e se faga constar que a operación se acolle ó convenio subscrito para tal fin (segundo o modelo do anexo VI) ou, de se-lo caso, o contrato de préstamo.

c) Certificación da relación nominal de socios traballadores ou de traballo, con indicación daqueles que hai que ter en conta para o cálculo da subvención (segundo modelo do anexo V).

d) Facturas pro forma ou orzamentos dos activos do inmobilizado material e inmaterial e, se é o caso, xustificantes dos activos circulantes que se financiarán co préstamo.

6. Documentación específica para a axuda excepcional.

a) Memoria económica do proxecto que inclúa o orzamento de investimento e o plan de financiamento en relación coa finalidade ou obxecto da axuda e xustificación da necesidade dela e na que deberá constar necesariamente, entre outros, os seguintes extremos: sector de actividade económica, número de empregos creados, tipo de proxecto e se está relacionado coa sociedade de información así como se o proxecto necesita declaración de impacto ambiental.

b) Facturas pro forma ou orzamentos dos activos do inmobilizado material e inmaterial que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención.

c) A relación de socios traballadores e copia do DNI de cada un deles, con indicación daqueles polos que se solicita subvención (segundo o modelo do anexo V).

d) Documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesourería Xeral da Seguridade Social.

e) Documentos acreditativos da concorrencia das circunstancias recollidas na base cuarta deste anexo.

Décima.-Xustificación do pagamento.

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas quedará condicionado á presentación, no prazo que sinale a resolución de concesión, da documentación xeral e da específica que corresponda, relacionada nos puntos seguintes:

A. Documentación xeral:

a) No suposto de entidades de nova creación, alta no IAE ou documentación acreditativa da exención do imposto.

b) Documentación xustificativa para acredita-lo cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención segundo o tipo de axuda, no prazo, nos termos e na forma que estableza a resolución de concesión.

c) Documentación acreditativa de que se encontran ó día das súas obrigas coa Seguridade Social.

d) Documentación acreditativa de que se encontran ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, agás que o beneficiario xunte á solicitude a debida autorización (segundo o modelo do anexo XIII) para que a devandita información sexa solicitada polo órgano xestor.

e) Declaración complementaria do establecido na base novena, 1, d) desta orde, do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións(segundo o modelo do anexo XII).

B. Documentación específica:

a) Cando se trate da axuda pola contratación de directores ou xerentes, xuntarase copia do contrato e alta na Seguridade Social.

b) Cando se trate da subvención financeira, xuntarase copia do contrato de préstamo e facturas pagadas e, se é o caso, documentos acreditativos da incorporación e alta na Seguridade Social dos socios traballadores.

Con posterioridade, o beneficiario, no prazo de trinta días desde a data de pagamento da subvención, deberá presentar certificación da entidade financeira acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

c) No caso de axuda excepcional facturas dos investimentos subvencionados.

2. Malia o sinalado nos puntos anteriores, a documentación esixida para a fase de pagamento, xeral ou específica, poderá presentarse xunto coa solicitude, á opción do interesado.

3. Cando concorran varias axudas ou subvencións, só será necesario presentar unha vez a documentación coincidente, tanto na fase de solicitude como na de xustificación.

Décimo primeira.-Criterios de valoración.

Cando se trate de axudas vinculadas á creación directa de emprego, valoraranse especialmente, agás a coincidencia nos programas específicos dirixidos a determinados colectivos, as seguintes circunstancias:

1. As solicitudes formuladas ou que afecten a membros de colectivos con especial dificultade para accederen ó traballo, que sexan desempregados, menores de 30 anos, maiores de 45 anos, mulleres, parados de longa duración, discapacitados ou pertencentes a colectivos en risco de exclusión social.

2. A incidencia social e sobre o emprego na contorna xeográfica na que se desenvolva a actividade, con especial consideración cando supoñan a implantación de actividades de servicios de utilidade colectiva, de lecer e culturais, ou de servicios personalizados de carácter cotián e social, encadrables nos novos viveiros de emprego.

Décimo segunda.-Incompatibilidades.

1. As axudas e subvencións establecidas neste programa serán incompatibles coas axudas establecidas nos programas de apoio a iniciativas de emprego, de iniciativas de emprego de base tecnóloxica, de promoción do emprego autónomo, de centros especiais de emprego e do de promoción do emprego autónomo das persoas con discapacidade, convocados pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

2. Ademais, as axudas pola incorporación de socios traballadores ou de traballo serán incompatibles con outras axudas ou subvencións que poidan concederse pola mesma causa e concepto ó abeiro doutros programas de fomento do emprego, agás as bonificacións de cotas á Seguridade Social que se establezan na normativa estatal.

3. Así mesmo, a axuda para contratación de directores ou xerentes poderá ser compatible coas bonificacións de cotas á Seguridade Social que se establezan na normativa estatal.

4. En ningún caso o importe da axuda pola adquisición da condición de socio traballador en concorrencia coa percepción da prestación contributiva por desemprego na súa modalidade de pagamento único pode exceder do máximo previsto na base cuarta deste anexo.

Décimo terceira.-Obrigas dos beneficiarios.

Os beneficiarios das axudas e subvencións están obrigados a realiza-la actividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o que deberá acreditar fidedignamente.

Décimo cuarta.-Axudas baixo condicións de mínimis.

Os incentivos establecidos neste anexo quedan sometidos ó réxime de axudas de mínimis, polo tanto non poderán excede-los límites cuantitativos (100.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento CE nº 69/2001 da Comisión da Unión Europea, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de mínimis ( DOCE nº L10, do 13-1-2001)

ANEXO B

Accións dirixidas á promoción e divulgación do cooperativismo

Primeira.-Programa I: Impulso de proxectos empresariais cooperativos.

1. Finalidade.

Este programa ten como finalidade esencial fomentar e promove-lo cooperativismo no ámbito da Comunidade Autónoma, concedéndolle axudas económicas que faciliten a posta en marcha dos proxectos empresariais que se articulen baixo a formula cooperativa, tanto para aqueles que sexan de nova creación como para os xerados polas entidades existentes.

Procúrase, así mesmo, facilita-la incorporación de socios traballadores procedentes de procesos de reestructuración, reconversión ou peche de empresas ós devanditos proxectos.

2. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas previstas neste programa os promotores de proxectos cooperativos que realicen as actividades obxecto da axuda durante o ano 2003. Unicamente se poderá presentar unha solicitude por cada proxecto empresarial.

Consideraranse como promotores para efectos desta orde as persoas físicas ou xurídicas que promovan a constitución dunha cooperativa para incorporánrense como socios de pleno dereito, ou as cooperativas que emprendan novos proxectos empresariais.

No caso de procesos previos á constitución da cooperativa, os promotores deberan designar de entre eles o que teña a representación conxunta e a consideración de beneficiario para efectos da tramitación da axuda.

3. Modalidades e contía das axudas.

Poderán ser obxecto de subvención ata o 75% dos gastos ocasionados con motivo de:

a) Realización de actividades previas ó inicio da actividade, tales como asistencias técnicas para a orientación e acompañamento do proxecto e accións formativas e informativas dos promotores, ata un límite de 1.000 euros por promotor.

b) Asistencia técnica consistente na elaboración de estudios de viabilidade, de organización, de comercialización, auditorías e outros informes económicos, ata un máximo de 2.000 euros por proxecto.

c) Asistencia técnica para a elaboración do plan empresarial da cooperativa, así como o seu seguimento e asesoramento na execución, ata un máximo de 5.000 euros por proxecto.

4. Requisitos para a prestación da asistencia técnica.

A asistencia técnica poderá ser prestada por persoas ou entidades que acrediten a súa solvencia profesional por medio do cumprimento de cada un dos seguintes requisitos:

-Experiencia en asesoramento empresarial a cooperativas, indicando os principais servicios realizados nos últimos cinco anos.

-Titulación académica oficial suficiente para a prestación do servicio. No caso de persoas xurídicas, o posuidor da titulación deberá acredita-lo seu vínculo coa entidade.

-Exerce-la actividade de asesoramento empresarial con carácter principal.

5. Promotores procedentes de reconversión, reestructuración ou peche de empresas.

Cando se trate de promotores de proxectos empresariais cooperativos procedentes de procesos de reconversión, reestructuración ou peche de empresas, tamén poden ser obxecto de subvención ata o 75% dos gastos en que incorran para a súa adaptación ás características do novo proxecto empresarial, derivados da mobilidade xeográfica ou funcional, da incorporación a novos procesos e tecnoloxías ou do cambio de estructura xurídica empresarial, ata un máximo de 2.000 euros por promotor.

Para acceder a esta modalidade, deberá acreditarse que os promotores están desempregados por algunha das causas previstas nos artigos 49.1.g) 50, 51 e 52 b) e c) do Estatuto dos traballadores, ou que procedan de empresas inmersas nalgún outro proceso de reestructuración ou reconversión.

6. Contía máxima.

A contía máxima subvencionable por proxecto non poderá supera-los 30.000 euros.

Non obstante a comisión de avaliación, á vista da documentación presentada e tendo en conta as circunstancias que concorran no proxecto, poderá propoñe-la superación de calquera dos límites previstos neste programa.

7. Documentación específica.

Ademais da documentación xeral prevista na base sexta do presente anexo, a solicitude para acollerse a este programa deberá vir acompañada da seguinte documentación específica:

-Memoria da actividade para a que solicita a subvención na que consten as liñas xerais do proxecto, o resto de actividades previstas para a súa posta en marcha, a relación de promotores e o investimento previsto.

-Factura individualizada correspondente a cada concepto subvencionable e cuantificada economicamente en tódolos seus epígrafes, acompañada da documentación que acredite a habilitación legal e debida cualificación para a prestación do servicio, nos termos previstos no número catro.

-No suposto de promotores que aínda non constituísen a sociedade cooperativa, acta de designación do solicitante como beneficiario debidamente asinada polos promotores, acompañada de fotocopia compulsada dos documentos de identidade de todos eles.

-Para os promotores procedentes de empresas en proceso de reconversión, reestructuración ou peche que soliciten a subvención para a adaptación, debe acreditarse a súa procedencia nos termos previstos no número cinco, e achega-los documentos orixinais ou copias autenticadas acreditativas dos gastos realizados, xunto coa memoria explicativa do seu caracter imprescindible.

8. Criterios de avaliación.

Para a concesión das axudas, teranse en conta os seguintes criterios de valoración ordenados segundo a súa importancia:

1º O número de traballadores afectados pola iniciativa obxecto da axuda e a viabilidade do proxecto ou plan empresarial, tanto no campo sociolaboral como no económico.

2º A súa influencia no ámbito territorial e funcional no que se vai desenvolver.

3º A data de presentación de solicitudes e, de resultar coincidente, a data de inscrición no rexistro de cooperativas.

Segunda.-Programa II: Financiamento dos gastos derivados da constitución de cooperativas e da modificación ou adaptación dos seus estatutos sociais.

1. Finalidade.

Este programa ten como finalidade o apoio á creación , desenvolvemento e adaptación legal das cooperativas, mediante axudas ó financiamento dos gastos derivados da súa constitución e dos gastos orixi

nados por modificacións dos estatutos sociais das cooperativas de carácter voluntario ou para a súa adaptación á Lei de cooperativas de Galicia.

2. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas, as cooperativas que realicen ou realizasen os trámites de inscrición da súa constitución ou modificación estatutaria, a partir do 2 de xullo de 2002 ata o remate do prazo de presentación de solicitudes.

3. Modalidades e contía das axudas.

A contía das axudas poderá ser de ata o 75% dos gastos orixinados, cun límite máximo de 2.000 euros para cada unha das seguintes modalidades:

a) Asesoramento para a elaboración dos estatutos sociais, formalización e inscrición da escritura pública e demais trámites derivados do proceso de constitución, modificación ou adaptación estatutaria.

b) Elaboración de proxectos técnicos legalmente preceptivos e de estudios de prevención de riscos laborais.

Non obstante, a comisión de avaliación, á vista da documentación presentada e tendo en conta as circunstancias que concorran no proxecto, poderá propoñe-la superación de calquera dos límites previstos neste programa.

4. Documentación específica.

Ademais da documentación xeral prevista na base sexta do presente anexo, a solicitude para acollerse a este programa deberá vir acompañada da seguinte documentación específica:

-Documentos orixinais ou copias autenticadas acreditativos dos gastos realizados.

-Para os supostos de axudas á estudios de prevención de riscos laborais e de proxectos técnicos legalmente preceptivos deberá xuntarse documentación que acredite a habilitación legal e debida cualificación para a prestación do servicio.

5. Criterios de avaliación.

Como criterios de avaliación de solicitudes teranse en conta os indicados co número oito da base primeira.

Terceira.-Programa III: Fomento e consolidación do asociacionismo.

1. Finalidade.

Este programa ten como finalidade apoia-lo fomento e consolidación das estructuras representativas do cooperativismo, subvencionando parcialmente os gastos normais de funcionamento das asociacións de cooperativas durante o ano 2003.

Para estes efectos, pódense considerar como gastos normais de funcionamento :

-Alugueres e gastos de mantemento de locais e equipamentos.

-Gastos de persoal.

-Gastos de comunicacións (telefono, internet, correo, mensaxería e similares), material de oficina, e publicacións diversas.

-Cotas asociativas a entidades de intercooperación de ámbito superior á Comunidade Autónoma galega.

-Gastos de representación e participación en congresos, seminarios, xornadas e similares.

-Celebración de asembleas e reunións.

-Servicios profesionais.

2. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de cooperativas inscritas no Rexistro Central de Cooperativas da Xunta de Galicia que teñan actividade acreditada.

3. Contía e criterios de avaliación.

A concesión e contía destas axudas serán propostas pola comisión de avaliación en función da representatividade que teñan as asociacións solicitantes, en primeiro lugar, e tendo en conta os niveis de actividade que desenvolvan, en segundo lugar.

A representatividade das asociacións valorarase en función do seu número de socios directos, segundo os datos que constan no Rexistro Central de Cooperativas. Se o socio directo é unha cooperativa de segundo grao, computaranse as cooperativas integradas a través dela sempre e cando non estean asociadas directamente.

4. Documentación específica.

Ademais da documentación xeral prevista na base sexta do presente anexo, a solicitude para acollerse a este programa deberá vir acompañada da seguinte documentación específica:

-Memoria asinada polo órgano competente segundo o modelo que figura como anexo a esta orde.

-Orzamento detallado dos gastos para os que se solicita a subvención, cuantificado economicamente en tódolas súas partes.

Cuarta.-Programa IV: Actividades de promoción do cooperativismo e adaptación ás novas tecnoloxías.

1. Finalidade.

Este programa ten como finalidade apoia-lo desenvolvemento de actividades para o fomento do cooperativismo e adaptación ás novas tecnoloxías, subvencionando parcialmente os gastos necesarios para a súa realización.

2. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as sociedades cooperativas e as súas asociacións legalmente constituídas e inscritas nos rexistros de cooperativas

dependentes da Xunta de Galicia, que realicen as devanditas actividades durante o ano 2003.

Para os supostos de actividades de fomento do cooperativismo, tamén poderán resultar beneficiarios as organizacións empresariais e sindicais, así como as asociacións profesionais, legalmente constituídas ó abeiro da Lei 19/1977, de 1 de abril, segundo os antecedentes que están no poder da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, que teñan actividade acreditada. Con carácter excepcional e para aquelas actividades de fomento que teñan unha especial relevancia, tamén poderán resultar beneficiarias outras entidades.

3. Modalidades e contía das axudas.

Establécense dúas modalidades:

a) Na modalidade de fomento, as actividades obxecto de subvención poderán consistir na organización de cursos, xornadas, conferencias e simposios; na elaboración, publicación e difusión de estudios, informes, traballos de investigación, manuais e folletos divulgativos; na elaboración de proxectos de intercooperación e integración; na asistencia a feiras, mostras e congresos, así como calquera outra acción promocional que fomente o cooperativismo.

b) Na modalidade de adaptación ás novas tecnoloxías, poderán ser obxecto de subvención a elaboración da páxina web da entidade cooperativa e a súa incorporación a redes informáticas, así como a implantación de sistemas telemáticos para a xestión empresarial e comercio electrónico. A contía nesta modalidade non poderá supera-los 5.000 euros por beneficiario.

A contía das axudas previstas neste programa non poderá supera-lo 75% dos gastos necesarios para a súa realización.

4. Documentación específica.

Ademais da documentación xeral prevista na base sexta do presente anexo, a solicitude para acollerse a este programa deberá vir acompañada da seguinte documentación específica:

-Memoria das actividades da entidade solicitante, con especial referencia ás de fomento do cooperativismo.

-Proposta das actividades para as que se solicita a subvención, especificando a súa finalidade, os destinatarios e os medios previstos para a súa realización, así como informe relativo á capacidade profesional dos intervenientes e un orzamento detallado cuantificado economicamente en tódalas súas partes, que concrete a contribución que realizará a entidade solicitante no seu financiamento.

5. Criterios de avaliación.

a) Para a modalidade de fomento, a concesión e contía das axudas será proposta pola comisión de avaliación en función dos seguintes criterios ordenados segundo a súa importancia:

1º Interese da actividade proposta para o fomento do cooperativismo.

2º Solvencia da entidade solicitante para levar a cabo a actividade, acreditada mediante memoria específica, e cumprimento dos compromisos derivados de actividades subvencionadas anteriormente, de se-lo caso.

3º Adecuación dos medios previstos e viabilidade do proxecto presentado.

En todo caso, as solicitudes presentadas polas cooperativas e as súas asociacións terán prioridade sobre as doutros posibles beneficiarios.

b) Para as axudas á adaptación ás novas tecnoloxías, resultará preferente a elaboración de páxinas web e a incorporación a redes informáticas, tendo en conta os criterios indicados anteriormente no que resulte procedente.

Quinta.-Programa V: Promoción do cooperativismo mediante o fomento do acceso á condición de socio traballador.

1. Finalidade.

Este programa ten como obxectivo o fomento do acceso dos asalariados das sociedades cooperativas á condición de socios como xeito de promociona-lo cooperativismo facilitando a súa participación e plena integración na empresa, mediante a concesión de axudas económicas destinadas a financiar, parcialmente, a achega ó capital social que o traballador debe desembolsar para incorporarse como socio.

2. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as sociedades cooperativas que, a partir do 2 de xullo de 2002, incorporen como socios aqueles asalariados que leven prestando o seu traballo persoal na cooperativa durante máis de dous anos.

Será necesario, así mesmo, establecer no plan empresarial da cooperativa aquelas medidas que aseguren tanto a progresiva incorporación dos asalariados á condición de socios como o cumprimento das previsións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, respecto ós topes máximos de traballadores por conta allea.

O importe das axudas será recoñecido como achegas obrigatorias desembolsadas do novo socio ó capital social e non poderá ser obxecto de reembolso nin transmisión por actos inter vivos, durante o perío

do fixado no devandito plan, que será como mínimo de cinco anos.

3. Contía das axudas.

A contía das axudas será de ata 4.000 euros, sen que en ningún caso exceda o 50% da achega que cada novo socio deba desembolsar, cun tope máximo subvencionable de 5 socios traballadores. A comisión de avaliación, á vista do plan empresarial presentado e tendo en conta as circunstancias que nel concorran, poderá propoñe-la superación deste último límite.

4. Documentación específica.

Ademais da documentación xeral prevista na base sexta do presente anexo, a solicitude para acollerse a este programa deberá vir acompañada da seguinte documentación específica:

-Certificación dos seguintes acordos da cooperativa:

-Da asemblea xeral relativo á aprobación do plan empresarial específico de incorporación de asalariados, contendo o seu texto íntegro.

-Da asemblea xeral relativo á aprobación da contía das achegas obrigatorias dos novos socios e as condicións e prazos para o seu desembolso, nos termos previstos no artigo 59 da Lei de cooperativas de Galicia.

-Do consello rector relativo á admisión dos asalariados como socios e a inexistencia de impugnacións ó respecto.

5. Criterios de avaliación.

Como criterios de avaliación de solicitudes teranse en conta os indicados no número oito da base primeira.

Sexta.-Documentación e prazo de presentación de solicitudes.

1. As solicitudes, que deberán formalizarse por separado para cada un dos programas, presentaranse segundo os modelos que figuran nos anexos desta orde e deberán ir acompañadas da seguinte documentación xeral:

-Fotocopia compulsada da tarxeta acreditativa do número de identificación fiscal do solicitante.

-Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade do representante legal, de se-lo caso.

-Certificación da entidade bancaria acreditativa de que o solicitante é titular da conta que indica na ficha de solicitude de transferencia bancaria.

-Declaración de conxunto de tódalas solicitudes de axudas efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas,

así como de tódalas axudas percibidas durante os tres anos anteriores sometidas ás condicións da normativa de mínimis.

Non obstante, no suposto de entidades que soliciten máis dun programa dos previstos neste anexo, unicamente deberán acompañar un exemplar da documentación xenérica coa primeira das solicitudes presentadas, facendo constar tal circunstancia nas posteriores.

En todo caso, tódalas solicitudes deberán presentarse acompañadas da documentación específica para o programa respectivo.

2. O prazo de presentación de solicitudes para os distintos programas deste anexo rematará o 15 de xullo.

Sétima. Concesión.

1. A concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva, para o que, unha vez instruídos os expedientes, pasarán para o seu exame á comisión de avaliación, que elevará proposta á conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, quen resolverá poñendo fin á vía administrativa.

Para os efectos do disposto no parágrafo anterior a comisión de avaliación estará formada polos seguintes membros: a directora xeral de Relacións Laborais, que actuará como presidenta, a subdirectora xeral de Cooperativas e Economía Social, o xefe do Servicio de Cooperativas e Economía Social, que actuarán como vocais, e un funcionario designado pola directora xeral, que actuará como secretario. A dita comisión poderá adoptar validamente os seus acordos, sempre que asistan a ela o presidente ou persoa na que delegue, un vocal e o secretario. Se por calquera causa, no momento en que a comisión de valoración teña que examina-las solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído polo funcionario que para o efecto designe a directora xeral de Relacións Laborais.

A comisión de avaliación, motivadamente, poderá requirir dos solicitantes das axudas información ou documentación adicional que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa para unha mellor avaliación das solicitudes.

2. Unicamente se concederán aquelas axudas que non afecten o principio de libre competencia e, noutro caso, estarán sometidas ás condicións da normativa de mínimis.

Oitava.-Forma de pagamento e xustificación.

1. Unha vez notificada a resolución de concesión de subvención e previamente ó seu pagamento, o beneficiario terá que facer constar por escrito a aceptación expresa da subvención concedida.

As axudas previstas na base terceira (programa III) materializaranse a través de convenios de colaboración subscritos pola consellería con cada unha das entidades beneficiarias. Tamén poderán efec

tivizarse deste xeito aquelas solicitudes da base cuarta (programa IV) que polas súas características ou singularidade así o requiran.

2. O pagamento efectuarase de forma nominativa e pagamento único, pola súa totalidade, a favor dos beneficiarios e logo de acreditación dos gastos realizados ou de se-lo caso, segundo se estableza no correspondente convenio de colaboración. Unicamente se aboará ata o 75% dos gastos realmente realizados e xustificados, ata o tope máximo da contía inicialmente concedida como subvención.

3. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas quedará condicionado á presentación, no prazo que sinale a resolución de concesión, da documentación xeral e da específica que corresponda, relacionada nos puntos seguintes:

a) Documentación xustificativa para acredita-lo cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención segundo o tipo de axuda, no prazo, nos termos e na forma que estableza a resolución de concesión ou convenio de colaboración, de se-lo caso.

No caso das axudas para a elaboración do plan empresarial, proxectos técnicos e estudios, en xeral, deberá presentarse unha copia deles previamente ó seu pagamento.

Nas axudas da base quinta (programa V) e co obxecto de acredita-lo desembolso parcial da achega obrigatoria que corresponde ó socio, así como a adquisición desta condición, deberá achegarse certificado da entidade de crédito do desembolso realizado e certificado da cooperativa relativo ás anotacións realizadas no libro de achegas ó capital social así como no libro de socios.

b) Documentación acreditativa de que se encontran ó día das súas obrigas coa Seguridade Social.

c) Documentación acreditativa de que se encontran ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, agás que o beneficiario xunte á solicitude a debida autorización segundo o modelo do anexo para que a devandita información sexa solicitada polo órgano xestor.

4. No momento da xustificación total da actividade subvencionada deberá presentarse declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para a mesma actividade, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de se-lo caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2003.

María José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais