Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.058

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

ORDE do 7 de maio de 2003 pola que se resolve a convocatoria da terceira edición do premio «A empresa en favor da familia».

Convocada pola Orde do 26 de febreiro de 2003 (DOG nº 46, do 6 de marzo) a terceira edición do premio «A empresa en favor da familia» establecido polo Decreto 80/2002, do 7 de marzo (DOG nº 57, do 21 de marzo), e de conformidade coa base sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-lo premio «A empresa en favor da familia», correspondente ó ano 2003, á empresa Nestlé España, S.A., como recoñecemento ás accións realizadas dentro do ámbito da organización empresarial que teñen en conta os intereses das familias e coadxuvan á conciliación da vida familiar e laboral.

Segundo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado