Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.026

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE OVIEDO

EDICTO (47/2003).

Misael León Noriega, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous de Oviedo, fai saber que no procedemento de execución 47/2003 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Fundación Laboral de la Construcción del Principado de Asturias contra la empresa Construesmaca, S.L., sobre ordinario, dictouse con data 3 de abril de 2003 auto do que a parte dispositiva di literalmente:

«Procede acorda-la execución do título mencionado nos feitos desta resolución por un principal de 617,04 euros máis a cantidade de 38,57 euros en concepto de xuros e 61,70 euros en concepto de custas provisionais.

Déase audiencia á parte demandante para que en quince días poida designa-la existencia de novos bens susceptibles de traba, advertíndolle que de non ser así se procederá a dictar auto de insolvencia provisional na presente execución.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Modo de impugnación: contra ela non cabe recurso ningún, sen prexuízo da oposición que se poida formular polo executado no prazo de dez días por motivos procesuais ou por defectos de fondo (artigo 551 da LAC en relación con 556 e 559 do citado texto legal). Sen prexuízo da súa executividade.

Así por este auto o pronuncio, mando e asino, asinado e rubricado María Cristina García Fernández. Dou fe, asinado e rubricado Misael León Noriega».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construesmaca, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

En Oviedo, 3 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado