Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 1 de abril de 2003, do recadador de zona de Vigo, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Arias Sanfiz Justo e sete máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona de Vigo, por medio deste anuncio comunica que se segue neste órgano de recadación procedemento administrativo de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedades dos debedores; dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados maila os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, emprázanse os interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación de Vigo; r/ Areal nº 62, local 3), no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 1 de abril de 2003.

Javier Sánchez García

Recadador de zona de Vigo

ANEXO

DebedorNIFData dilixenciaDescrición

Arias Sanfiz, Justo (e cónxuxe)33764910J6-2-2003Embargo de contas

Comun. Prop. Tomás Alonso Torrecedei.E3674242714-2-2003Embargo de contas

González Romero, Jesús76684248V7-3-2003Embargo de contas

DebedorNIFData dilixenciaDescrición

Montenegro Domínguez Natividad34941909X14-3-2003Embargo de contas

Paredes Sanz, Pedro

Batalla Canaleta, Catalina (cónxuxe)

12225377A28-1-2003Embargo de inmobles

Pavón López, Jorge (e cónxuxe)53171934M14-2-2003Embargo de vehículos

Rey Rivada, Rocío36101991H7-3-2003Embargo de contas

Urcelay Alonso, Marie Ivette

(e cónxuxe)

36025705T13-2-2003Embargo de nómina

Embargo de inmobles

Embargo de vehículos

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA