Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(956/2002). Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 956/2002 por instancia de Benedicto Rodríguez Villaverde contra Francisco Ángel Sendón Sestayo sobre despedimento nos que recaeu sentencia con data do 31-3-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Benedicto Rodríguez Villaverde contra a empresa Francisco Ángel Sendón Sextayo debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante na data do 16-7-2002 condenando á demandada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou aboamento da cantidade de 489,41 euros en concepto de indemnizacións e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución no caso de que se opte pola readmisión.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositada na conta, aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Victoria, S.A.), con número 5.605 0000 60 0956 02 a cantidade obxecto de condena, poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 0956 02 e entrega-lo xustificante na secretaría,

ó tempo de interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada.

Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Francisco Ángel Sendón Sestayo, expido e asino esta cédula na Coruña, trinta e un de marzo de dous mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado