Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.025

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (945/2002).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 945/2002, seguidos por instancia de Modesto Díaz Prieto contra D. y D. Servicios Auxiliares, S.L. sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data 25 de marzo de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda formulada por Modesto Díaz Prieto, debo condenar e condeno o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 1.132,64 euros polos conceptos que se expresan no feito probado desta resolución e nese sentido debo condenar e condeno a empresa D. y D. Servicios Auxiliares, S.L. a que estando e pasando por tal declaración aboe ó demandante a cantidade de 1.132,64 euros en concepto de salarios e liquidación.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíquese esta sentencia ás partes e fágaselles saber que en contra dela non poden presentar recurso de suplicación».

E para que lle sirva de notificación a D. y D. Servicios Auxiliares, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Ronda de Outeiro, 284, entrechán dereita (15011 A Coruña), e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario

Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 25 de marzo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado