Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 19 de abril de 2003, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se lles notifica ás persoas que se relacionan a facturación ó seu nome de servicios sanitarios prestados neste centro no caso de non achega-los datos necesarios para factura-lo terceiro obrigado ó pagamento.

Por esta cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo II do Real decreto 63/1995, do 20 de xaneiro, sobre ordenación de prestacións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde, así como no artigo 83 da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ó terceiro obrigado ó pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ó seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1º do Decreto 159/2002, do 18 de abril (DOG 88, do 8 de maio), Decreto 70/2001, do 22 de marzo (DOG 68, do 5 de abril), polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ó seu nome.

Para que conste, sirva de notificación ó interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Burela, 19 de abril de 2003.

Pablo Mosquera Mata

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

ANEXO

Nome do doente DNI/NIF

Soutullo Chaves Ramón76979907

Ciurariu IonX-03512965-Z

Hernández León MarielaX-3797457-L

Rodríguez Ormaechea José Benito72438525-W

García-Valcárcel Saiz Mercedes22534

González Salmerón NoeliaSen DNI