Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO do 14 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se relacionan requirimentos de pagamento acordados en expedientes de desafiuzamento administrativo e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia. (Expediente OR-83/010, conta 47 e dous máis).

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia na que se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, nº 1, baixo, en Ourense, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Advírteselles que en caso contrario se procederá a insta-la resolución dos seus contratos e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, co obxecto de adxudicala posteriormente a un novo beneficiario.

Ourense, 14 de abril de 2003.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Interesado: Luis F. Sebastiá Palomar.

Último enderezo coñecido: r/ Pablo Iglesias, nº 1, 5º B. 32004 Ourense.

Indicación do contido do acto que se notifica: requirimento de pagamento das cantidades debidas por recibos pendentes da vivenda identificada co nº de conta 47 do expediente OR-83/010.

Interesado: Gumersindo Expósito de la Fuente.

Último enderezo coñecido: r/ Pablo Iglesias, torre 3, portal 5, 5º A. 32004 Ourense.

Indicación do contido do acto que se notifica: requirimento de pagamento das cantidades debidas por recibos pendente da vivenda identificada co nº de conta 97 do expediente OR-83/010.

Interesado: J. Manuel Silva Álvarez.

Último enderezo coñecido: r/ Pablo Iglesias, bloque III, 6º A.32004 Ourense.

Indicación do contido do acto que se notifica: requirimento de pagamento das cantidades debidas por recibos pendentes da vivenda identificada co nº de conta 98 do expediente OR-83/010.