Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dun servicio informático na central de emerxencias 112-SOS Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral .

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio informático na central de emerxencias 112-SOS-Galicia.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 147.600 euros, IVE incluído, desagregado nas seguintes anualidades:

Ano 2003: 86.100 A.

Ano 2004: 61.500 A.

5. Garantía provisional: 2.952 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 60 03 e 981 54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados nos puntos a), b), c), e) e f) do artigo 16 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse por un ou varios dos medios sinalados nos puntos a) e e) do artigo 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Sala de xuntas.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar o acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 9 horas do quinto día natural seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións, de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

11. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2489.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Administración Local