Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 9 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 323/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 12 de marzo de 2003, a delegada provincial da Consellería de Sanidade da Coruña dictou resolución do expediente sancionador nº 323/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Pescados Víctor López, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Pescados Víctor López, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001, ou en Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 9 de abril de 2003.

Jorge Suances Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 323/2002.

Denunciado: Pescados Víctor López, S.L.

DNI/NIF: B-15343247.

Último enderezo coñecido: peirao da Palloza, 48 B. A Coruña.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia de etiquetaxe.

Precepto/s infrinxido/s: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; artigos 2.1º.1; 2.2º do R.D. 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor; artigo 2 do R.D. 1808/1991 polo que se regulan as mencións ou marcas que permiten identifica-lo lote ó que pertence un producto alimenticio; artigo 7.7º.2 do R.D. 1109/1991 polo que se aproba a norma xeral relativa ós alimentos ultraconxelados destinados á alimentación humana.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 30,05 euros (trinta euros con cinco céntimos).

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL