Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 68, do 24 de marzo de 2003, publicouse o acordo da Comisión de Goberno do día 11 de marzo de 2003, polo que se aproban as bases de:

-1 praza de topógrafo.

-1 praza de técnico medio analista de programas de recursos humanos.

-1 praza de técnico medio en relacións laborais.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Despois da dita publicación, os sucesivos anuncios relativos ás convocatorias publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

P.D.

Mª Nieves Vázquez Novo

Concelleira delegada de Persoal