Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS NEVES

ANUNCIO de licitación.

Aprobados pola Comisión de Goberno deste concello o prego de condicións económico-administrativas, que rexerá o concurso, por procedemento aberto, da obra denominada Saneamento en Portela-Porteiro, en Santa Eulalia de Batalláns, exponse ó publico polo prazo de oito días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e no BOP, para efectos de reclamacións. Simultaneamente anúnciase o concurso para a presentación de propostas, aprazándose a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello das Neves. Dependencias: secretaría.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución.

Obra: saneamento en Portela-Porteiro, en Santa Eulalia de Batalláns, incluída no programa POL/2003.

Lugar de execución: Santa Eulalia de Batalláns-As Neves.

Prazo máximo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 89.518,31 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

Entidad: Casa do Concello das Neves. Domicilio: praza da Cristiandade s/n, 36440 As Neves (Pontevedra). Teléfono: 986 64 80 38, fax: 986 64 80 52. Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos dos contratistas, criterios de selección.

Os sinalados nos artigos 12 e 15 do prego de condicións.

8. Presentación de ofertas.

Durante 26 días naturais seguintes á publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida no prego de condicións.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello das Neves, das 9 ás 13 horas, de luns a sábados.

Prazo de obriga de mante-las oferta: 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

Na Casas do Concello das Neves, ás 13 horas do día hábil seguinte ó día de remate do prazo para a presentación de ofertas (excepto sábados).

10. Gastos dos anuncios.

Por conta do adxudicatario.

As Neves, 7 de abril de 2003.

Raúl Emilio Castro Rodríguez

Alcalde