Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do proxecto modificado parcial do parque eólico denominado Somozas, situado no municipio das Somozas (A Coruña). (Expediente IN661A 02/10).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Energías Ambientales de Somozas, S.A. con enderezo para os efectos de notificacións en r/ José Luis Bugallal Marchesi, nº 20, 1º esq., 15008 A Coruña, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Por Resolución do 20 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizou a sociedade Energías Ambientales de Somozas, S.A. a unificación dos parques eólicos de Monte da Serra, Monte Marbán e Monte Vilalbesa, nun único parque denominado Somozas, de 48,6 MW, e o recoñecemento á referida instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial de enerxía eléctrica regulado polo Real decreto 2818/1998.

Segundo.-O 15 de xullo de 2002, o promotor solicitou a autorización administrativa, aprobación de proxecto de execución, recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica, do modificado parcial ó proxecto de execución do parque eólico denominado Somozas, para unha ampliación de potencia de 1,6 MW quedando o total do parque cunha potencia de 49,6 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Terceiro.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; e o Decreto 302/2001, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, mediante resolución da Delegación Provincial de Industria da Coruña do 11 de outubro de 2002, publicada no BOP da Coruña do 24 de outubro, no DOG do 17 de outubro, La Voz de Galicia do 15 de outubro e no taboleiro de anuncios do concello das Somozas.

Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-O 13 de decembro de 2002, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña, emite informe favorable sobre o modificado parcial ó proxecto do parque eólico Somozas coas seguintes características básicas:

-Instalación dun aeroxerador de 1,6 MW de potencia montado nunha torre troncocónica de 60/70 m de altura, rotor de tres pas de 74 m de diámetro. Móntase na parte baixa da torre un transformador de 2.000 kVA de potencia e relación de transformación 690/20.000 V que se conecta á rede de media tensión do parque en 20 kV mediante conductor RHZ1 en sección de 150 mm. Coordenadas UTM da posición do aeroxerador denominado AO500.

X-LONG. W Y-LAT.N

588.528,90 4.821.419,04

Producción estimada: 3.253 horas/ano.

Orzamento: 2.253.795,39 A.

O parque como consecuencia da ampliación queda constituído polas seguintes máquinas:

Total potencia instalada: 49,6 MW.

80 aeroxeradores de 600 kW de potencia unitaria.

1 aeroxerador de 1.600 kW de potencia (A0500).

Producción anual estimada: 115.604 MWh/ano.

Investimento previsto: 55.341.507,09 A.

Coordenadas da poligonal do P.E. de Somozas

VérticeX-Long. WY-Lat. N

1589.1114.823.162

2589.7854.822.833

3589.7854.822.309

4589.3124.821.428

5589.6014.821.291

6589.6864.821.999

7590.1804.819.640

8590.1694.819.577

9590.3564.819.513

10590.8384.820.704

11591.7294.820.281

12591.7294.818.900

13590.6874.818.900

14590.0824.819.092

15589.9704.818.460

16587.0004.821.000

17588.0004.821.800

18588.4264.821.472

19588.6374.821.551

20588.6374.821.748

21588.7354.821.702

22588.6424.822.536

Quinto.-O 3 de febreiro de 2003, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, informa favo

rablemente o modificado parcial do proxecto de execución do citado parque, debendo o promotor remitir informe ó final das obras.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar á sociedade Energías Ambientales de Somozas, S.A., a instalación dos equipos electromecánicos do modificado parcial do parque eólico denominado Somozas, para unha ampliación de potencia de 1,6 MW, sendo a potencia total instalada de 49,6 MW que se situará no Concello das Somozas (A Coruña).

2. Aproba-lo modificado parcial do proxecto de execución da dita instalación.

3. Recoñecer á referida instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial de enerxía eléctrica regulado polo Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Energías Ambientales de Somozas, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 45.075,91 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 19 do citado Decreto 302/2001, do 25 de outubro.

A citada fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 2.253.795,39 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Energías Ambientales de Somozas, S.A., no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema de captación e procesamento de datos de producción enerxética de Galicia regulado por Orde do 29 de xullo de 2002 (DOG 13 de agosto).

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución, na declaración de efectos ambientais dos parques Monte da Serra, Monte Marbán e Monte Villalbesa de 27-2-1998, 12-7-1999 e 2-9-1999 respectivamente, o informe do 27-11-2000 pola que se autoriza a unificación dos citados parques para os efectos de continuar co Plan de Vixilancia e Seguimento Ambiental, o informe do 3-2-2003 relativo á ampliación do P.E. Somozas, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas