Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/167-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos artigos 125 e 144 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eurovento, S.L.

Enderezo social: r/ Varsovia 4 C-5º polígono Área Central-As Fontiñas, 15000 Santiago de Compostela.

Denominación: subestación A Graña 220/30 kV.

Situación: concello de Covelo.

Características técnicas: subestación transformadora tipo intemperie, de 100 MVA, R.T. 220 kV/30 KV, na Graña, concello de Covelo, con dous trafos de 40/50 MVA, dous módulos de liña a 220 kV, dez a 30 kV, dous módulos de conexión transformador a 30 kV e sistema de control, protección, mando e medida.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto no artigo 161 do R.D. 1955/2000.

Pontevedra, 23 de abril de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados na execución da S.E. A Graña 220/30 kV.

Parcela 1.

Propietario: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Graña.

Paraxe: Fonte Avia, Porto de Arca, Cotos Cornundos, Serra de Suído e A Graña.

Municipio: Covelo (Pontevedra).

Clase de cultivo: matogueira.

Ocupación temporal (m): 11.000.

Ocupación definitiva (m): 10.000.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL