Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(689/2002). Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 689/2002, por instancia de Alicia Molina Pérez e outro contra Cotexto Comercial Textil Coruñesa, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 27-3-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Alicia Molina Pérez e José Manuel Cajide Laya contra Cotexto Comercial Textil Coruñesa, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lles aboe ós demandantes, por tódolos conceptos reclamados na demanda, as cantidades seguintes: a Alicia Molina 4.552,84 euros e a José Manuel Cajide 4.264,38 euros.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5.605 0000 60 0689 02, a cantidade obxecto de condena; poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 65 0689 02 e entrega-lo xustificante na secretaría

ó tempo de interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa Cotexto Comercial Textil Coruñesa, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de marzo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado