Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.977

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (53/2002).

Eu, José Luis Gutiérrez Martín, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número oito dos da cidade de Vigo e o seu partido xudicial, fago saber que ante este xulgado se seguen autos de quebra voluntaria, baixo o número 53/2002, por solicitude da entidade Bodoque, S.A., con domicilio na avenida das Camelias, número 48 de Vigo (Pontevedra) e con CIF número A-36635.241, dedicada á actividade de fabricación, confección, deseño, comercialización e compravenda de roupa de vestir en calquera xénero para persoas de calquera sexo ou idade, así como de todo tipo de artigos téxtiles e obxectos para o complemento do vestir, así como tódalas demais actividades directa ou indirectamente relacionadas con aquela. Designado para o cargo de comisario Arturo Villanueva López Ballesteros, e depositario xudicial Rafael Moreno García, faise constar que o pasivo da entidade quebrada supera o activo na suma de 784.596,35 euros.

E para que sirva de publicación, coa advertencia de que ninguén faga pagamento nin lle entregue bens á quebrada, débeselles verificar ó depositario nomeado e, no seu día, ós síndicos que se designen, baixo apercibimento de non os ter por liberados das súas obrigas e advírteselles tamén a cantas persoas teñan bens da pertenza da quebrada que fagan manifestacións deles por nota que lle entreguen ó comisario, xa que de non o faceren así serán tidos por ocultadores de bens e cómplices da quebra. Expido e asino este edicto en Vigo o vinteún de febreiro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado