Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.977

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

ANUNCIO.

Por este anuncio, para a súa publicación, para os efectos previdos no artigo 124.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción conten

cioso-administrativa, faise público que, en resolución do día de hoxe, a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a trámite a seguinte cuestión de ilegalidade, rexistrada como segue:

Recurso: cuestión de ilegalidade 0004002/2003.

Recorrente: Isonor, Prevención, S.L.

Administración demandada: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Acto recorrido: artigo 7, punto primeiro, do Decreto 376/1996, do 17 de outubro, sobre distribución de competencias entre os órganos da Xunta para imposición de sancións por infracción en materias laborais, de prevención de riscos e obstrucción de labor inspector.

Órgano xudicial promovente: Xulgado do Contencioso nº 003 de Pontevedra. PA nº 0000184/01/0.

A Coruña, 25 de marzo de 2003.

María Isabel Freire Corzo

Secretaria