Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.977

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2003 pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de once prazas de conserxe (grupo IV-A), convocadas por Resolución do 23 de xaneiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 27 de febreiro).

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas selectivas para a provisión de 11 prazas de conserxe (grupo IV-A), convocadas por Resolución do 23 de xaneiro de 2003 (DOG do 27 de febreiro), este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1 da convocatoria, resolve aproba-la lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do Rectorado (rúa Maestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto no segundo parágrafo da citada base, os aspirantes disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para emendar defectos.

A Coruña, 8 de abril de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO

CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO,

SECCIÓN SEGUNDA)