Rematado o prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas selectivas para a pro
visión de 13 prazas de auxiliares de servicios (grupo IV-B), convocadas por Resolución do 23 de xaneiro de 2003 (DOG do 27 de febreiro), este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1 da convocatoria, resolve aproba-la lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do Rectorado (rúa Maestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).
De acordo co previsto no segundo parágrafo da citada base, os aspirantes disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para emendar defectos.
A Coruña, 8 de abril de 2003.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña