Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(689/2002). 5.978

CÉDULA de notificación de sentencia

(962/2002). Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 962/2002 por instancia de Jesús Cabaleiro Prieto e outros contra Revenheat, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu

sentencia con data do 27-3-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Jesús Cabaleiro Prieto, José Canedo Mouro, Óscar Manuel Dubra Castro, Juan Prego Freire e Marcial Sande García contra Revenheat, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ós demandantes e, así mesmo, extinguida a relación laboral que unía os litigantes o día de hoxe, condenando a demanda a estar e pasar pola anterior declaración e ó aboamento das cantidades seguintes en concepto de indemnización: a Jesús Cabaleiro 9.144,74 euros; a José Canedo 8.190,77 euros; a Óscar Manuel Dubra 4.074,67 euros; a Juan Prego 8.682,46 euros e a Marcial Sande 5.826,84 euros.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5.605 0000 60 0962 02, a cantidade obxecto de condena; poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 65 0962 02 e entrega-lo xustificante na secretaría

ó tempo de interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa Revenheat, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de marzo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA