Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.970

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de 18 anos nas convocatorias de xuño e de setembro e se dictan instruccións para a súa realización.

A Orde do 2 de abril de 2002 (DOG do 25 de abril), pola que se establecen as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria para persoas maiores de 18 anos, establece no seu artigo 4º, que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocará anualmente as citadas probas e, no seu artigo 3º, que a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais autorizará os centros nos que se realicen as probas por proposta da delegación provincial correspondente.

En consecuencia, e en relación coa convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de 18 anos, no ano 2003, esta dirección xeral

RESOLVE:

Convoca-las probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2003, conforme se indica nos epígrafes seguintes:

I. Condicións dos aspirantes.

1. Poderanse inscribir para a realización das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria aquelas persoas que cumprisen 18 anos con anterioridade ó 31 de decembro do ano 2002.

2. Os alumnos matriculados de forma oficial nas ensinanzas de adultos de nivel III, nas modalidades presencial ou a distancia, para faceren a inscrición nas probas libres deberán presentar ante a dirección do centro a renuncia ó dereito a seren avaliados pola matrícula oficial. A renuncia realizarase con anterioridade á presentación da solicitude de matrícula nas probas libres, xuntando copia da dita renuncia á solicitude.

3. Para a realización das probas, os aspirantes acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

II. Contidos da proba.

1. As áreas constitutivas da proba están integradas nos seguintes grupos:

a) Grupo lingüístico. Comprenderá exercicios das áreas de lingua castelá e literatura, lingua galega e literatura e lingua estranxeira.

b) Grupo científico-tecnolóxico. Comprenderá exercicios das áreas de matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía.

c) Grupo de ciencias sociais. Comprenderá exercicios das áreas de ciencias sociais, xeografía e historia, música e educación plástica e visual.

2. Cada delegación provincial, dous días antes da data de realización das probas, enviará un funcionario acreditado para recolle-los protocolos de exames na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais. Unha vez recibidos, en presencia do delegado provincial e do xefe do Servicio Provincial de Inspección, ou dos funcionarios nos que deleguen, os protocolos serán entregados ós presidentes das distintas comisións avaliadoras que actúen na provincia.

3. As delegacións provinciais adoptarán tódalas medidas necesarias para que, en ningún caso, poida ser coñecido o contido das probas antes da súa aplicación.

III. Centros nos que se realizarán as probas.

1. Provincia da Coruña:

-Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero, s/n. A Coruña.

-Centro EPA de Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n. Ferrol.

-IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n. Santiago de Compostela.

2. Provincia de Lugo:

-Centro EPA de Albeiros, praza da Milagrosa, s/n. Lugo.

3. Provincia de Ourense:

-Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4. Ourense.

4. Provincia de Pontevedra:

-IES do Castro, rúa José Gómez Posada Curros, 1. Vigo.

-IES Valle-Inclán, avenida Montero Ríos, s/n. Pontevedra.

IV. Matrícula.

1. A solicitude de matrícula axustarase ó modelo que figura no anexo I e efectuarase na secretaría do centro onde se vaian realiza-las probas.

2. Os prazos de matrícula serán:

-Proba de xuño: do 22 ó 30 de maio, ámbolos dous incluídos.

-Proba de setembro: do 2 ó 4 de setembro, ámbolos dous incluídos.

3. Cada delegación provincial, a través dos medios de comunicación, dará coñecemento público dos prazos, os centros para a matrícula e as datas das probas dispostas nesta resolución.

4. O día seguinte ó pechamento da matrícula de cada convocatoria, os directores dos centros onde se vaian realiza-las probas deberán comunicar por fax ás respectivas delegacións provinciais e á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais o número de aspirantes que solicitan a realización da proba.

V. Data e normas de realización.

1. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 12 de xuño e 11 de setembro para as respectivas convocatorias.

2. A sesión da mañá terá dúas partes; na primeira, de 9.30 horas a 11.30 horas, realizaranse as probas do grupo científico-tecnolóxico; na segunda, de 12 horas a 14 horas, realizaranse as probas do grupo de ciencias sociais.

Na sesión da tarde, de 16 horas a 19.45 horas, realizaranse as probas do grupo lingüístico. A sesión da tarde dará comezo ás 16 horas e comprenderá os exercicios de:

a) Lingua castelá.

a.1) Exercicio de redacción.

A comisión avaliadora elixirá un tema para llelo propor ós aspirantes. O tema elixido debe ter preferentemente un contido de tipo social ou cultural e de ampla difusión local, autonómica, nacional ou internacional.

Na valoración da redacción que realicen os aspirantes terase en conta o xeito de estructura-los datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, a presentación do tema e o dominio da ortografía.

O tempo para a realización será de tres cuartos de hora como máximo.

a.2) Cuestións de lingua castelá e literatura.

O tempo para a súa realización será de tres cuartos de hora.

b) Lingua galega.

b.1) Exercicio de redacción:

Aterse ó disposto no punto a.1 para a lingua castelá.

O tempo para a súa realización será de tres cuartos de hora.

b.2) Cuestións de lingua e literatura galegas:

O tempo para a súa realización será de tres cuartos de hora.

c) Lingua estranxeira.

O tempo para a súa realización será de tres cuartos de hora.

VI. Avaliación e puntuación das probas.

1. A avaliación das probas correspóndelle ó equipo de profesores que compoña o tribunal. Estes profesores actuarán de maneira colexiada para establece-la cualificación de cada un dos grupos de áreas que integran as probas.

2. O equipo de profesores ó que se refire o número anterior, unha vez avaliados os tres grupos de áreas, e no caso de que un alumno fose avaliado negativamente nun grupo, poderá revisar novamente se se acadaron, en termos globais, os obxectivos establecidos para a etapa nese grupo.

Entenderanse acadados os obxectivos cando, a xuízo do tribunal, o aspirante amose un grao de adquisición das capacidades que lle permitan incorporarse ó mundo laboral, así como prosegui-la aprendizaxe ó longo da vida. O tribunal poderá, cando o considere oportuno, convoca-lo aspirante a unha entrevista que sirva para aclarar posibles dúbidas sobre a valoración dese grupo de áreas.

3. Aqueles aspirantes para os que o tribunal determine que non procede a proposta de expedición do título de graduado en educación secundaria por non teren acadado os obxectivos xerais desta etapa nun grao suficiente, conservarán para sucesivas convocatorias as cualificacións positivas obtidas nos termos de suficiente, ben, notable e sobresaliente nos distintos grupos de áreas superados. Tales cualificacións deberán ser tidas en conta polos tribunais en sucesivas convocatorias, polo que non será necesario que o alumno volva a realiza-las probas dos grupos superados para proceder á proposta do título de graduado en educación secundaria.

4. Os aspirantes que acrediten ter superada algunha área nas probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria anteriores ó ano 2002 quedarán eximidos da realización da proba naquelas áreas avaliadas positivamente, axustando de forma porcentual a cualificación da parte VI, epígrafes 7 e 8, desta resolución.

5. Os aspirantes que acrediten ter superadas algunhas áreas de educación secundaria obrigatoria ou módulo número catro nos diferentes ámbitos de educación secundaria de adultos recollidos no anexo III, quedarán dispensados da realización da proba naqueles grupos de áreas avaliadas positivamente axustando, de forma porcentual, a cualificación da parte VI, epígrafes 7 e 8 desta resolución.

6. Durante o período de matrícula, os alumnos aspirantes poderán presentar na delegación que corresponda a solicitude de exención de lingua galega para os efectos de que non sexa obxecto de avaliación nesa convocatoria.

Terán dereito a exención aqueles alumnos que realizasen os seus estudios inmediatamente anteriores, medios ou básicos, en centros docentes doutras comunidades ou no estranxeiro, así como aqueles alumnos con dificultades, especialmente auditivas, que acrediten o grao de deficiencia establecido no artigo 12 da Orde do 30 de xuño de 1994 (DOG do 4 de agosto), pola que se desenvolve o Decreto 79/1994, do 8 de abril, sobre a exención da matrícula de lingua galega no ensino básico e no ensino medio.

Para solicita-la exención da materia de lingua galega utilizarase o modelo que figura no anexo II desta resolución, no que se expresarán as razóns polas que se solicita a exención.

As solicitudes presentaranse na delegación correspondente ó centro onde o alumno solicite a matrícula e acreditará, mediante copia cotexada do libro de escolaridade, os estudios realizados nos catro últimos anos anteriores ó de presentarse á proba.

A delegación provincial resolverá sobre a concesión ou a denegación, fará pública tal circunstancia no taboleiro de anuncios e comunicarallo ó presidente do tribunal que corresponda polo menos tres días antes da data de realización da proba.

Contra esta resolución da delegación provincial poderase recorrer perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria nos prazos establecidos legalmente.

7. A cualificación de cada grupo de áreas outorgarase de acordo coa seguinte escala:

a) Áreas do grupo científico-tecnolóxico.
Matemáticas.

Ciencias da natureza.

Tecnoloxía.

Puntuación máxima: 15 puntos.

Puntuación máxima: 10 puntos.

Puntuación máxima: 10 puntos.

Total máxima puntuación: 35 puntos.

b) Áreas do grupo de ciencias sociais.

Ciencias sociais, xeografía e historia.

Música e educación plástica e visual:

Total máxima puntuación: 25 puntos.

c) Área do grupo lingüístico.
Lingua castelá e literatura.

Redacción.

Puntuación máxima: 10 puntos.
Cuestións de lingua castelá e literatura.Puntuación máxima: 5 puntos.
Área de lingua e literatura galega.

Redacción.

Puntuación máxima: 10 puntos.
Cuestións de lingua e literatura galega.Puntuación máxima: 5 puntos.
Lingua estranxeira:Puntuación máxima: 10 puntos.

Total máxima puntuación: 40 puntos.

8. Cualificación dos grupos e áreas.

a) Grupo científico-tecnolóxico.

PuntuaciónCualificación

31 a 35 puntos

26 a 30 "

21 a 25 "

17 a 20 "

Menos de 17 "

Sobresaliente

Notable

Ben

Suficiente

Insuficiente

b) Grupo lingüístico.

PuntuaciónCualificación

36 a 40 puntos

31 a 35 "

26 a 30 "

21 a 25 "

Menos de 20 "

Sobresaliente

Notable

Ben

Suficiente

Insuficiente

c) Grupo de ciencias sociais.

PuntuaciónCualificación

25 puntos

21 a 24 "

16 a 20 "

12 a 15 "

Menos de 12 "

Sobresaliente

Notable

Ben

Suficiente

Insuficiente

9. Puntuación mínima en cada área para supera-lo grupo correspondente.

Puntuación mínima

a) Grupo científico-tecnolóxico.

Área de matemáticas

6 puntos

Área de ciencias da natureza4 puntos

Área de tecnoloxía4 puntos

b) Áreas do grupo de ciencias sociais.

Área de ciencias sociais, xeografía e historia, música e educación plástica e visual..12 puntos

c) Área do grupo lingüístico.

Área de lingua castelá e literatura7 puntos

Área de lingua e literatura galega7 puntos

Área de lingua estranxeira5 puntos

10. No caso de alumnos exentos de lingua galega, a cualificación de áreas do grupo lingüístico outorgarase de acordo coa seguinte escala:

Área do grupo lingüístico para alumnos exentos de galego.
Lingua castelá e literatura.

Redacción.

Puntuación máxima: 10 puntos
Cuestións de lingua castelá e literatura.Puntuación máxima: 5 puntos
Lingua estranxeira.Puntuación máxima: 10 puntos
Total máxima puntuación: 25 puntos

Cualificación do grupo lingüístico para alumnos exentos de galego.

PuntuaciónCualificación

25 puntos

21 a 24 "

16 a 20 "

12 a 15 "

Menos de 12 "

Sobresaliente

Notable

Ben

Suficiente

Insuficiente

11. Cualificación global da proba. Os alumnos que aproben os tres grupos teñen superada a proba, polo que o tribunal fará a proposta de expedición do título de graduado en educación secundaria ó delegado provincial que corresponda.

VII. Tribunais.

1. Os tribunais estarán constituídos, preferentemente, por un inspector ou unha inspectora de educación como presidente e catro vocais profesores do corpo de educación secundaria, preferentemente de educación de adultos, todos eles funcionarios en activo dos corpos da función pública docente, designados polo delegado provincial, correspondéndolle un especialista para cada grupo nas áreas ou materias que compoñen as probas.

2. Á vista dos alumnos matriculados, as delegacións provinciais establecerán os tribunais que sexan precisos, e estes adoptarán as medidas que se coiden oportunas no caso de que se presenten alumnos con necesidades educativas especiais que o soliciten.

3. Os profesores que formen parte das comisións avaliadoras e deban trasladarse da súa localidade de destino terán dereito ás indemnizacións establecidas legalmente.

4. Para os efectos de tramitación de expedición do título de graduado en educación secundaria, os candidatos serán propostos por cada centro no que se realizou a proba e a denominación do centro figurará no título correspondente.

5. Logo de realizada a proba, os presidentes dos tribunais cubrirán a ficha estatística que se xunta

como anexo IV e remitirana ó xefe do Servicio Provincial de Inspección. As devanditas fichas, co visto e prace do inspector xefe, enviaranse á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais antes do próximo 30 de xuño, para a convocatoria de xuño, e antes do 30 de setembro para a convocatoria de setembro.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2003.

María Pilar del Mar Pérez Marsó

Directora xeral de Formación Profesional

e Ensinanzas Especiais

ANEXO III

Cualificación positiva nas seguintes áreas do 4º curso da educación secundaria obligatoriaCualificación positiva nos seguintes ámbitos da educación secundaria para persoas adultasEquivalencia cos grupos de materias ou áreas da proba libre

Lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e lingua estranxeiraCuarto módulo do ámbito da comunicaciónGrupo lingüístico

Matemáticas, tecnoloxía e ciencias da natureza (ou física e química máis bioloxía e xeoloxía)Cuarto módulo do ámbito tecnolóxico-matemático e cuarto módulo do ámbito da naturezaGrupo científico-tecnolóxico

Ciencias sociais, xeografía e historia, educación plástica e visual e músicaCuarto módulo do ámbito da sociedadeGrupo de ciencias sociais

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL