Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.932

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de abril de 2003 pola que se fan públicas as vacantes definitivas dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas ó servicio da Administración para o curso 2003-2004.

A base segunda da Orde do 10 de outubro de 2002, pola que se convocaba concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensinanza secundaria, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller e artes plásticas e deseño, determinaba que se convocaban as vacantes existentes no momento da convocatoria, as que se producisen ata o 31 de decembro de 2002 e as que resulten da resolución do concurso de cada corpo polo que se concursa. Todas elas sempre que se correspondan con prazas que teñan previsto, na planificación xeral educativa, o seu funcionamento.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Publicar nos anexos I, II, III, IV, V, VI e VII desta orde as vacantes definitivas para o curso 2003-2004 nos colexios públicos integrados, institutos de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, conservatorios de música e escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

Segundo.-Tódalas vacantes que figuran nos anexos poderán ser obxecto de concurso de traslados, conforme o disposto na orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria