Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.975

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 21 de abril de 2003 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan.

O nomeamento de rexistradores da propiedade e mercantís que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo

o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes en virtude de concurso ordinario convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 14 de febreiro de 2003 (BOE do 1 de marzo) e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do Regulamento para a súa execución, o Decreto 147/2002, do 11 de abril, en relación co Decreto 8/2003, do

18 de xaneiro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los rexistradores da propiedade que de seguido se relacionan, para prove-los rexistros vacantes situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Mª Teresa Ferrín Sanmartín, rexistradora de Lugo número 2, para o rexistro de Santiago de Compostela número 2.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2003.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local