Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.976

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 21 de abril de 2003 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 19 de febreiro de 2003 (BOE do 3 de marzo), de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, o Decreto da Xunta de Galicia 147/2002, do 11 de abril, en relación co Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes:

RESOLVO:

Nomea-los notarios que de seguido se relacionan para prove-las notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

-José María García Pedraza, notario de Villablanca-3ª, para a Notaría do Grove (A Coruña).

-Luis Manuel Gómez Varela, notario de Betanzos-3ª, para a Notaría de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

-Cristina Mosquera Criado, notaria de Ribadeo-3ª, para a Notaría de Baiona (Pontevedra).

-Héctor Ramiro Pardo García, notario de Pontevedra-1ª, para a Notaría de Santiago de Compostela.

-Ana María Victoria Sánchez, notaria de oposición, para a Notaría de Noia (A Coruña).

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2003.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local