Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.809

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ORDES

EDICTO (168/2001).

No procedemento de referencia dictouse a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«En Ordes, 3 de marzo de 2003.

Vistos por Alfredo Fernández Vázquez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Único de Ordes, os presentes autos de xuízo ordinario número 168/2001, sobre usucapión e outras materias, sendo demandante José Suárez Botana representado polo procurador Antonio Cristín Pérez e asistido polo letrado Castro Pol e demandados José Carnota Iglesias e Genoveva Iglesias, ámbolos dous declarados en rebeldía e en paradoiro descoñecido.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que estimando integramente a demanda interposta pola representación de José Suárez Botana contra Genoveva Iglesias e José Carnota Iglesias debo declarar e declaro:

1. Que o predio nº 371 do plano de concentración parcelaria de Moar (Frades), inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes a favor de Genoveva Iglesias, como titular dominical, no folio nº 59, libro 24 de Frades, tomo 214, predio 2.427, inscrición primeira por título de adxudicación en concentración parcelaria, corresponden en pleno domicilio ó demandado José Suárez Botana por telas adquirido en virtude de usucapión extraordinaria sendo o único e lexítimo propietario dos ditos predios.

2. Que os demandados Genoveva Iglesias e José Carnota Iglesias non exerceron nunca ningún acto de posesión sobre os predios antes descritos.

3. Que procede a cancelación dos asentos de inscrición rexistral indicados dos predios anteriormente descritos, que figuran no Rexistro da Propiedade de Ordes e a súa inscrición a favor do demandante José Suárez Botana e en consecuencia debo acordar e acordo que se libren para tales efectos os mandamentos oportunos ó Rexistro da Propiedade de Ordes.

4. Que condeno ós demandados a estar e pasar polas anteriores declaracións e ó pagamento das custas.

Notifíquese esta resolución ás partes con indicación de que contra ela, de acordo co disposto no artigo 455 e seguintes da LAC, cabe interpoñer recurso de apelación que se preparará perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Notifíquese esta sentencia ós demandados rebeldes Genoveva Iglesias e José Carnota Iglesias a través de edictos que se publicarán no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, ó se encontrar en paradoiro descoñecido (artigo 497 LAC).

Así por esta miña sentencia da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Carnota Iglesias e Genoveva Iglesias, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ordes, 5 de marzo de 2003.

El/la secretario/a

Rubricado

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO

NÚMERO TRES DE PONTEVEDRA