Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.807

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan os destinos correspondentes ó concurso de traslados do 4 de decembro de 2002, polo que se ofertaban prazas vacantes e de nova creación dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Visto o expediente instruído como consecuencia do concurso de traslados convocado por Resolución do 4 de decembro de 2002 (BOE do 18 de decembro, CE BOE do 28 de decembro e DOG do 20 de decembro) para cubrir prazas vacantes e de nova creación entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Esta dirección xeral de conformidade co establecido nos artigos 455 e 494 da Lei orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do poder xudicial e os artigos 54, 55 e 57 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer públicos os destinos que con carácter definitivo se lles adxudicaron ós funcionarios que participaron no concurso de traslados convocado por resolución de data mencionada anteriormente, que se corresponden cos relacionados no anexo I da resolución de convocatoria.

Segundo.-Rexeitar do concurso de traslados ós funcionarios que no anexo II se relacionan.

Terceiro.-Declarar caducadas as instancias presentadas polos participantes no presente concurso que non obtiveron destino, polo que non se terán en conta en futuros concursos de traslados.

Cuarto.-Declarar desertas as prazas non adxudicadas no presente concurso, agás que se pretendan amortizar ante modificación do cadro de persoal ou reordenación de efectivos dun centro de traballo, polo que se cubrirán na forma prevista no artigo

458 da Lei orgánica do poder xudicial por funcionarios de novo ingreso.

Quinto.-O cesamento no posto de traballo actual deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou Diario Oficial de Galicia se é simultánea, e deberá tomar posesión do novo destino obtido por concurso nos tres días naturais seguintes ó cesamento, se non hai cambio de localidade, ou nos dez días naturais seguintes, no caso contrario. O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente respecto á praza obtida en concurso.

Se a resolución comporta reingreso ó servicio activo á Administración de xustiza nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes, o prazo posesorio deberá comezar a contar desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou Diario Oficial de Galicia se é simultánea, pero no presente caso o dito prazo non resulta retribuído, xa que se produce antes de formalizarse o reingreso nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes e polo tanto non pode ser computado como de servicios efectivos.

No caso de que os funcionarios reingresados por medio do presente concurso se encontrarasen en activo noutro corpo e non desexen que se lles interrompa a súa relación de servicio coa Administración, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectua-la toma de posesión, poderán solicitar ó presidente, xuíz, fiscal ou xefe do organismo do seu actual destino, un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade ou de dous no caso contrario, agás aqueles casos que teñan que desprazarse a Canarias, Illes Balears ou Ceuta e Melilla, para os que o permiso poderá ser de ata tres días (artigo 66.1 g) do regulamento orgánico), e o cesamento no seu anterior destino terá data inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso.

A comunidade autónoma competente ou a xerencia territorial que corresponda, concederálle-la excedencia de oficio no corpo de procedencia se esta se produce nun corpo ó servicio da Administración de xustiza, e o cesamento neste destino terá data anterior á da súa posesión nos corpos de oficiais, auxiliares e axentes, co obxecto de evita-la interrupción na percepción dos seus haberes.

Os funcionarios interinos que actualmente ocupen as prazas que foron adxudicadas, cesarán como consecuencia da posesión do titular.

Sexto.-Recursos. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente, no prazo de dous meses, ámbolos prazos contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado ou Diario Oficial de Galicia se é simultánea.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2003.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Administración Local

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE ORDES