Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.806

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional convocados por Orde do 12 de marzo de 2002 na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Resolución do 22 de abril de 2003 regula a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas establecida na Orde do 12 de marzo de 2002, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.

Na súa virtude, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública a composición das comisións cualificadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional convocados por Orde do 12 de marzo de 2002 (DOG do 18 de marzo), conforme recolle o anexo desta resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións na dita dirección xeral.

Segundo.-Os membros das comisións cualificadoras terán dereito a percibir axudas de custos e gastos de locomoción no caso de teren que desprazarse da súa residencia habitual. Para estes efectos quedan autorizados a utilizar calquera dos medios de locomoción previstos no Decreto144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), e conforme as clasificacións que recolle, estas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira ou segunda segundo corresponda.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

ANEXO

1. Corpo de profesores de ensino secundario.

1.1. Xeografía e historia, francés, música e psicoloxía e pedagoxía.

Presidente: Juan Carlos Varela Vázquez.

Vocais:

Isabel Serna Masiá.

Mª Cristina Jato Rodríguez.

Marta Sánchez Bolaños.

Fco. Javier Garbayo Montabes.

1.2. Matemáticas e tecnoloxía.

Presidente: Manuel Reboredo Lavín.

Vocais:

César Lema Pérez.

Gustavo Fernández Díaz.

María Esperanza Vázquez Iglesias.

José Luís Hospido Rodríguez.

1.3. Formación profesional específica.

Presidente: Elisa Amoedo Barciela.

Vocais:

Sara González Reiriz.

Rafael Vázquez Gancedo.

María Dolores Ferreiro Díaz.

Ramón Álvarez Montes.

2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Presidente: Jesús Álvarez Marcote.

Vocais:

Manuel López Brea.

José Antonio Rial Neira.

Francisco Fianza Castro.

Pedro Alonso da Silva.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL