Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.809

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO TRES DE PONTEVEDRA

EDICTO (11/2003).

En virtude do acordado por Juan Carlos Fernández López, maxistrado do Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres de Pontevedra, no recurso P.A. 11/2003 tramitado neste xulgado, por instancia da letrada María Costas en nome e representación da CIG contra o Concello do Porriño sobre nulidade de convocatoria, emprázase o posible interesado Jorge González Fernández, sendo o seu derradeiro domicilio coñecido en Primera Travesía de Mantelas nº 23, ático, Vigo, para que se ó seu dereito convén, poida comparecer en legal forma con avogado e procurador ou letrado habilitado, no prazo de nove días, con indicación de que de non comparecer en forma no dito prazo, terase por parte demandado para os trámites non precluídos.

Pontevedra, 29 de abril de 2003.

A secretaria

Rubricado