Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.809

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (800/2002).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 800/2002 seguidos por instancia de José María Barros González, Eva María Rodríguez Botana e Francisca López Montes contra Panaderas Comunicaciones, S.L. sobre reclamación de cantidades, a maxistrada xuíza deste xulgado,

Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 25 de marzo de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda formulada por José María Barros González, Eva María Rodríguez Botana y Francisca López Montes, debo declarar e declaro o dereito dos demandantes a percibi-las cantidades reclamadas polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Panaderas Comunicaciones, S.L. a que, aténdose a tal declaración, aboe aos demandantes as seguintes cantidades:

TraballadorCantidade

José Mª Barros González2.209,96 euros

Eva Mª Rguez. Botana1.698,88 euros

Francisca López Montes6.795,52 euros

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena».

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Panaderas Comunicaciones, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Panaderas, 1, 15001, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 25 de marzo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado