Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 25 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador 36/03/03 VI, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a incoación do expediente sancionador nº 36/03/03 VI por infracción en materia de defensa do consumidor, xa que, intentda a notificación polos medios habituais, non puido practicarse.

Desígnase instructora do expediente a Mª Rita Rodríguez Gómez podendo ser recusada en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionadoa lei.

O que se lle notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente na Oficina de Consumo sita na praza da Estrela, 9-7º andar, edificio administrativo da Xunta de Galicia (Vigo), e para aportar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente é competente por razón da contía da multa a delegada provincial do Instituto Galego de Consumo, de acordo co artigo 16 do Decreto 329/1995, do 21 de decembro, polo ques e desenvolve a Lei 8/1994, do 30 de decembro, de creación do Instituto Galego de Consumo.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Pasra efectualo deberá emprega-los impresos norma

lizados que lle serán facilitados nesta oficina sita na praza da Estrela, 9-7º andar (Vigo).

O que se lle comunca de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Expediente: 36/03/03 VI.

Inculpado: Limper Unic, S.L.

Enderezo: Pintor Laxeiro, 13 (Vigo).

Motivos: incumprimento da normativa que regula os servicios de limpeza, conservación e tinguido de productos téxtiles, coiros, peles e sintéticos.

Sanción: 480 A.

Data do acordo de incoación: 5-2-2003.

Pontevedra, 25 de marzo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de pontevedra