Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de abril de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución de arquivo dictada en relación cos expedientes e interesados que no anexo se relacionan, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), intentada a notificación persoal nos domicilios dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución do delegado provincial da CPTOPV, pola que se acorda o arquivo das actuacións sen máis trámite.

De acordo co disposto no artigo 58.2º da citada lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución.

«Transcorrido o prazo de dez días concedido, en cumprimento do previsto no artigo 72.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para a presentación de documentación, notifícaselle que, ante o seu incumprimento, considérase que desistiu da súa petición e procédese ó arquivo da solicitude de ampliación do período de subsidiación do préstamo persoal amparada no expediente de referencia.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Pontevedra, 20 de febreiro de 2003. José Manuel González Álvarez, delegado provincial de Pontevedra».

Pontevedra, 8 de abril de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-T-1263/96.

Interesado: José Fernández García.

Último enderezo coñecido: rúa Daniel Ojea, nº 2, 1º A (Ponteareas).

Intentos de notificación persoal: o 24-2-2003 ás 11.30 h.

Expediente: 36-A-0056/97.

Interesada: Mª Luz Crujeiras Garrico.

Último enderezo coñecido: rúa Loureiro Crespo, nº 78, 1º C (Pontevedra).

Intentos de notificación persoal: o 24-2-2003 ás 10 h.